Eduardo Blanco Amor: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
RubenWGA (conversa | contribucións)
→‎Traxectoria: Redacción sen moito sentido
Liña 56:
Volveu a instalarse en [[España]] como correspondente de ''[[La Nación]]'' entre [[1933]] e [[1935]], e coñeceu en [[Madrid]] a [[Federico García Lorca]], con quen tivo unha grande amizade e a quen acompañou á casa familiar de [[Fuente Vaqueros]] en varias ocasións. É salientable o feito de que Blanco Amor foi o responsable de convencer a Lorca para que publicase os ''Seis poemas galegos'' (1935).
 
Defendeu denda [[Arxentina]] a legalidade republicana cando se produciu o estalido da guerra civil española. Durante os 20 anos seguintes utilizou unicamente o castelán na súa obra literaria, con obras como ''Los miedos'' (1936) ou ''La catedral y el niño'' (1948). En [[1956]] volveu ao galego con ''Cancioneiro'', e en [[1959]] publicou unha novela de extraordinaria importancia para a renovación da narrativa galega: ''[[A esmorga]]''. Esta obra desenvólvese en Auria e marca un fito na ruptura das tendencias costumistas e populares da literatura galega, debido á súa técnica innovadora: o único que se pode ler son as contestacións dun reo nun xuízo, que conta as aventuras que o levaron á condena. éÉ o modo de, sen facer un texto bilingüe, darlle verosimilitude a un diálogo entre un xuíz, que fala castelán, e un reo que fala galego. Amais de deberse ao afán de verosimilitude , o silencio do xuíz representa a xordeira da xustiza , o seu papel represor e castigador. A novela, ambientada nos baixos fondos ourensáns, céntrase en tres personaxes transgresores e marxinais que van sendo levados a un final tráxico.
 
En [[Buenos Aires]] fundou e dirixiu o [[Teatro Popular Galego]], que puxo en escena obras de [[Lugrís Freire]], do propio Blanco Amor e doutros autores. Tamén foi director da revista ''[[Galicia (revista da Federación de Sociedades Gallegas)|Galicia]]'', publicada pola [[Federación de Sociedades Gallegas Agrarias y Culturales]].