Castelo da Frouxeira: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Unhanova (conversa | contribucións)
Desfíxose a edición 4244470 de Unhanova (conversa)
Nachonion (conversa | contribucións)
Liña 4:
 
==Historia==
A fortaleza da Frouxeira pertenceu á [[diocese de Mondoñedo|mitra mindoniense]] e probablemente foi un dos bens que [[Pardo de Cela]] recibiu como dote de voda ao casar con [[Isabel de Castro]], sobriña do bispo [[EnriqueHenrique de Castro]], e filla do [[conde de Lemos]]. Na Frouxeira, desde principios do [[1481]] e ata case a súa morte, en decembro do [[1483]], Pero Pardo defendeuse bravamente contra as tropas dos [[Reis Católicos]], capitaneadas por [[Luis de Mudarra]] e comandadas por [[Fernando de Acuña]], quen dixo ao ano e medio de estar en Galiza que ''harto tenía que hacer porque tenía cercado a Pedro Pardo en Peña Frouseira''. Sábese ademais, por testemuño de Luis de Mudarra, que morreu moita xente no cerco. A verdade é que A Frouxeira, pola súa situación xeográfica, é practicamente inexpugnable e de aí que as tropas castelás non fosen capaces de conquistala e derrotar a [[Pardo de Cela]], polo que os dirixentes urdiron a trama da traizón e, unha vez traizoada, non deixasen pedra sobre pedra; soamente quedan aqueles restos que nin o tempo nunca será capaz de borrar. Por un romance sábese o nome do traidor, Roi Cofano do Valedouro:
 
{{Cita|<poem>Destes fora Capitán