Ooloxía: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Jglamela (conversa | contribucións)
Arranxos
 
Liña 1:
[[Ficheiro:Bird_eggs.jpg|miniatura|Ilustración do século XIX que amosa os ovos de varias especies de aves.]]
A '''ooloxía''' é a póla da [[zooloxía]] que estuda os [[Ovo (bioloxía)|ovos]], en especial os ovos das [[aves]]. O termo tamén se aplica ó colecionismocoleccionismo de ovos de aves salvaxes.
 
== Historia ==
A ooloxía foise desenvolvendo como actividade no [[Reino Unido]] e nos [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]] a partir da [[década de 1800]]. A observación de aves á distancia era difícil por mor da pobre calidade dos binóculos da época, por iso era máis práctico disparar sobre as aves ou recoller os seus ovos. Mentres a recollida de ovos de aves silvestres por parte dos colecionistascoleccionistas era considerada como unha actividade científica no século XIX e comezos do século XX, a partir de mediados do século XX comezou a considerarse cada vez máis como unha afección, máis que como disciplina científica. A recollida de ovos era aínda popular na década de 1900, malia que o valor científico comezaba a ser menos importante.
 
Dado que a lexislación (como a de protección de aves silvestres de 1954 no Reino Unido) tornou imposíbel recoller ovos legalmente, a práctica da recollida de ovos transformouse nunha actividade ilegal no Reino Unido e noutros países.