Ética demostrada segundo a orde xeométrica: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Isili0n (conversa | contribucións)
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Liña 24:
Mentres, el escribiu tamén o ''Tractatus theologico-politicus'' (''Tratado teolóxico-político''), que sería publicado anonimamente en [[1670]]. Spinoza sustentaba a importancia da liberdade de pensamento e de expresión, a fin de volver posible a calquera a busca do ben máis elevado e, por consecuencia, opúñase á interferencia do poder relixioso na esfera política e a todas as formas de [[intolerancia]] que puidesen resultar desta ou doutras causas.
 
Spinoza volveu traballar na ''Ética'' en 1670, reelaborando considerablemente o texto que cinco anos antes considerara practicamente definitivo e completouno en [[1675]]. O obxectivo da obra era o mesmo ca os dos seus textos anteriores, ou sexa, o de achegar unha doutrina [[metafísica]], [[Epistemoloxía|epistemolóxica]], [[Psicoloxía|psicolóxica]], [[ética]] e [[Teoloxía|teolóxica]] capaz de permitir ao ser humano abranguer o verdadeiro ben. No entanto, temendo reaccións semellantes ás que xa provocara anteriormente, a divulgación dalgunhas das súas ideas e, nomeadamenteespacialmente, tendo en conta as abondosas condenas que sufriu por ''Tractatus theologico-politicus'', el non quixo publicala. Foi só despois da súa morte en [[1677]] que o texto se publicou en dúas edicións por conta do seu círculo de amigos (Jan Rieuwertsz, Jarig Jellesz, Lodewijk Meyer, Johannes Bouwmeester, Georg Hermann Schuller, Pieter Van Gent e Jan Hendrik Glazemaker) en latín na colección titulada ''Opera posthuma'' (''Obra póstuma''), e nunha tradución neerlandesa de Glazemaker, ''Nagelate Schriften''. Ambas as edicións saíron en 1677.
 
Inda que a ''Ética'' de Spinoza é unha obra orixinal e radical, o seu autor estivo influído por varios pensadores. O seu coñecemento profundo dos problemas filosóficos e do xeito en que foron tratados no pasado, mesmo recentemente, emerxe do contido da propia ''Ética''. Entre os marcos de referencia de Spinoza atópanse [[Filosofía antiga|filósofos antigos]] coma [[Platón]], [[Aristóteles]] e os [[Estoicismo|estoicos]]; os [[Filosofía xudía|pensadores xudeus]] da [[Idade Media]] coma [[Maimónides]]; os filósofos da escena europea dos séculos [[Século XVI|XVI]] e [[Século XVII|XVII]] coma [[Francis Bacon (filósofo)|Francis Bacon]], [[Thomas Hobbes]] e, especialmente, [[Descartes]]. Sobre este último, en particular, Spinoza é nalgúns aspectos moi próximo, inda que en moitos outros aspectos importantes se afaste claramente, criticando Descartes moitas veces dun xeito máis ou menos directo.