Diferenzas entre revisións de «Luís XVI de Francia»

sen resumo de edición
(*Traición > traizón.)
Os [[deputado]]s do [[Terceiro Estado]] constituíron a Asemblea Nacional e despois Asemblea Constituínte. A familia real foi levada à forza de [[Versalles]] para [[París]] (outubro de [[1789]]) e a súa tentativa de fuxir do país foi frustrada en [[Varennes]] ([[20 de xuño]] de [[1791]]), cando foi feita prisioneira da [[Comuna insurrecional]] ([[10 de agosto]]). A [[monarquía]] foi abolida o [[21 de setembro]] de [[1792]]. Luís XVI, desmoralizado pola súa fallida tentativa de fuga e polas súas negociacións co estranxeiro, perdeu completamente a popularidade. Encerrado no Templo e acusado de traizón, foi xulgado pola Convención e condenado a morte, sendo [[guillotina]]do o [[21 de xaneiro]] de [[1793]]. A raíña consorte María Antonieta foi executada seis meses despois. A súa morte provocou a unión dos soberanos europeos contra a Francia revolucionaria.
 
Pénsase que as chamas da Revolución en parte, foron influenciadas polas mentiras que rodearom o famoso [[Caso do colar de diamantes|escándalo do colar]], polo feito do rei dar voz á súa esposa, imprudentemente, sobre asuntos políticos e aindaaínda o odio que moitos membros da nobreza e clero tiñan contra María Antonieta, da liñaxe dos [[Casa de Habsburgo|Habsburgo]], eternos rivais dos [[Casa de Borbón|Borbóns]] e pola súa frivolidade e gusto polo [[luxo]].
 
== Descendencia ==
288.370

edicións