Viviparidade: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}
Unhanova (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 4:
== Animais ==
[[Ficheiro:Kangaroo and joey03.jpg|miniatura|200px|''[[Macropus giganteus]]'', un [[marsupial]], ''vivíparo non placentario''.]]
Chámase '''vivíparo''' a todo aquel [[animal]] que retén os [[ovo (bioloxía)|ovos]] dentro do corpo da nai, onde o [[embrión]] se desenvolve nunha estrutura especializada dentro do [[ventre]] da [[femia]], onde recibirá o [[alimento]] e o [[oxíxeno molecular|oxíxeno]] necesarios para formar os seus órganos e para crecer e madurar até o momento do nacemento, parindo as crías vivas. Este tipo de reprodución é común no reino animal, ocorrendo dalgún modo en case todstodos os [[filo]]s.<ref name=FF>Frings e Frings (1975), p. 194.</ref>
 
Porén, algúns [[zooloxía|zoólogos]] usan a palabra ''vivíparo'' só para a situación que se dá en case todos os [[mamíferos]], en que o embrión, despois da [[fecundación]], se desenvolve nunha estrutura especial, a '''[[placenta]]''', que se fixa á parede do [[útero]] da nai e serve para o intercambio de alimentos e materiais de refugallo entre a nai e o embrión. Esta forma máis avanzada de viviparismo nos animais chámase [[placenta|viviparismo placentario]], que se dá na maior parte dos mamíferos (os chamados por iso '''placentarios''' ou '''placentados''' ('''[[euterios]]'''). A excepción son os [[monotremas]], que poñen ovos como as aves, e os [[Marsupialia|marsupiais]], que carecen de placenta, polo que as femias paren o [[feto]] nun estado moi prematuro, polo que este debe continuar o seu desenvolvemento nunha bolsa exterior chamada [[marsupio]]. As femias que paren crías vivas, pero que non teñen placenta, denomínanse daquela [[ovovivípara]]s.<ref name=FF/>
Liña 11:
[[Ficheiro:Cockroachcloseup.jpg|miniatura|200px|''[[Periplaneta americana]]'', unha [[cascuda]] moi frecuente nas casas.]]
 
Hai outros casos que se denominan '''''viviparidade facultativa'''''; por exemplo, algunhas cascudas, se as circunstancias son apropiadas, poñen os seus ovos, pero, se non poden facelo, retéñenos dentro do corpo até que eclosionan. Nalgúns insectos o ovo non recibe unha casca, senón que se desenvolve no corpo da nai, a miúdo envolto nunha masa de [[tecido (bioloxía)|tecido]] fixada á parede do [[aparello reprodutor]] da nai, a través do cal o embrión absorbe o alimento e o oxíxeno e evacúa os materiais de refugallo; isto aseméllase moito á situación dos mamíferos placentados. Noutros casos, como o da [[mosca tse-tse]], o ovo eclosiona no útero na nai dando lugar a unaunha [[larva]] que se alimenta dunha secreción leitosa producida por glándulas siuadassituadas no útero; cando a larva está totalmente desenvolvida, a nai a depositadeposítaa nalgún lugar conveniente, onde se converte en [[pupa]] e, máis tarde, en [[adulto]]. Vemos, por tamntotanto, que existen todos os niveis de viviparidade, usando o termo en sentido amplo.<ref name=FF/>
 
== Vexetais ==
[[Ficheiro:Poa alpina a2.jpg|miniatura|200px|''[[Poa alpina]]'', unha das especies de plantas que presenta ''falsa viviparidade''.]]
 
No caso dos [[vexetal|vexetais]] o termo só pode apilcarse en sentido estrito ás [[planta]]s cuxos [[embrión (botánica)|embrións]] non quedan nun estado de [[vida latente]] dentro da [[semente]], senón que xerminan e prosiguenproseguen o seu desenvolvemento antes de separarse da planta nai, desprendéndose desta nun estado moi avanzado do desenvolvemento, como se observa en moitas plantas do [[mangleiral]]. En realidade, neste caso, non chega a formarse a semente, porque a fase de vida latente do embrión, que a caracteriza, falta por completo; a [[plántula]] sóltase da nai xa formada, ou polo menos considerablemente desenvolvida.<ref name=FQ>Font Quer (1993), p. 1105.</ref>
 
Nos casos en que a plántula procede de órganos de [[multiplicación vexetativa]], como xemas adventicias, bulbilos etc., como na chamada ''poa vivípara'' (''[[Poa alpina]]'' [[L.]]), en ''[[Polygonum viviparum]]'' [[L.]] ou en certas [[agaváceas]], trátase realmente dun fenómeno de '''''falsa viviparidade'''''.<ref name=FQ/>