Diferenzas entre revisións de «Kilt»

m
sen resumo de edición
(Cambio de "prenda" por "peza de roupa" ou "peza")
m
Desde que a saia con [[tartán]] ou kilt se recuperou como traxe nacional da [[Escocia]], esta vestimenta foi progresivamente espertando o interese doutros curmáns celtas modernos na [[Irlanda]], [[Gales]], [[Galiza]], [[Bretaña]] e [[Cornualles]].
 
Irlanda mantivo sempre unhas relacións moi estreitas cos seus veciños escoceses. Isto levou a que o kilt e o tartán fosen importados con naturalidade como un elemento complementario máis do folclore irlandés moderno. Aínda que obviamente con moita menor intensidade que na Escocia, onde cada familia ou clan ten o seu propio tartán, na Irlanda é posible ver individuos e grupos de gaitas vestindo en tartán e en kilt nalgúns eventos folclóricos. O tartán preferido para representar a Irlanda en kilt é o Irish National tartantartán, que sobre un fondo verde -a cor nacional irlandesa- ten fíos brancos, verde-escuros e laranxas, igual que as cores da bandeira do Éire.
 
Seguindo o exemplo de irlandeses, os entusiastas da identidade nacional galesa adoptaron un tartán nacional galés para identificar ao País de Gales en kilt. O Welsh National tartan leva unha combinación simples de liñas verdes e vermellas sobre un fondo verde, representando as cores da bandeira nacional galesa.
43.147

edicións