Hifa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
m Desfixéronse as edicións de 83.44.159.37 (conversa); cambiado á última versión feita por Isili0n
Banjo (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 9:
 
== Crecemento ==
As hifas medran polos seus xstremosextremos. Durante o crecemento apical da hifa, as paredes celulares esténdense pola ensamblaxe externa e [[polimerización]] dos compoñentes da parede celular, e a produción interna de nova membrana celular. O [[orgánulo]] [[spitzenkörper]] está asociado co crecemento apical da hifa. Este orgánulo está composto por un agregado de [[vesícula]]s membranosas que contéñen os compoñentes da parede celular. O spitzenkörper é parte do [[sistema de endomembranas]] dos fungos, que retén e libera as vesículas que recibe procedentes do [[aparato de Golgi]]. Estas vesículas viaxan á membrana celular seguindo os elementos do [[citoesqueleto]] e liberan o seu contido fóra da célula polo proceso da [[exocitose]]. As membranas da vesícula contribúen ao crecemento da membrana plasmática e o seu contido forma a nova parede celular da hifa en crecemento. O spitzenkörper móvese ao longo do ápice da hifa e xera o crecemento apical e as ramificacións. O grao de crecemento apical dunha hifa está regulado polo spitzenkörper.<ref>Steinberg G. (2007). [http://ec.asm.org/cgi/content/full/6/3/351 Hyphal growth: a tale of motors, lipids, and the spitzenkörper.] ''Eukaryotic Cell'' '''6'''(3): 351–360.</ref>
 
A medida que a hifa se estende, poden formarse os septos detrás do extremo en crecemento, dividindo a hifa en células individuais. As hifas poden ramificarse pola bifurcación do extremo da hifa ou pola emerxencia dun novo extremo nunha hifa xa formada.