Comarcas da Comunidade Valenciana: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Unhanova (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 200:
As primeiras formulacións sobre a estruturación territorial baseada en comarcas xorden nos anos 30 do [[século XX]] dende sectores do [[Nacionalismo valenciano]]. O obxectivo é atopar a maneira de cohesionar os territorios con entidade histórica, de forma que servise de contrapeso ante o centralismo administrativo español. Así mesmo, este debate non tiña lugar unicamente no [[Comunidade Valenciana|País Valenciano]], senón tamén noutros países do Estado onde se reivindican tradicionalmente cotas de autogoberno cada vez máis amplas. De feito, cando xurdiu a primeira proposta en [[1933]] de Felip Mateu i Llopis, poucos meses antes Pau Vila expuxera a súa primeira proposta comarcal para [[Catalunya]]. Un ano despois, en [[1934]], Emili Corderoüt i Belenguer expuxo nunha conferencia outra proposta comarcal, pero a súa difusión resultou ser moi limitada, e non se publicaría até [[1970]] en ''Xeografía elemental do Reino de Valencia''.
 
Por outra banda, os anteproxectos de autonomía valenciana na [[Segunda República Española|II República]], contemplaban xa a estruturación territorial do País Valenciano en comarcas. O estalido da [[Guerraguerra Civilcivil española]] en [[1936]] truncou o proxecto autonomista valenciano e, con isto, o emerxente valencianismo político e o seu debate territorial. Con todo, durante a ditadura de [[Francisco Franco Bahamonde|Franco]] seguiron expóndose propostas comarcais, aínda que só desde unha óptica exclusivamente fisiográfica, histórica, e lingüística. Atendido o cariz político do réxime franquista de entón, non se permitían expor divisións administrativas diferentes á provincial. Así, durante esta época xurdiron as propostas de Querol Rosso en [[1946]], a de Vicenç M. Rosselló en [[1964]], e a de Manuel Sanchis i Guarner en [[1966]].
 
Aínda que todas estas propostas non influíron demasiado no ámbito social e político, si tiveron unha significativa importancia no ámbito xeográfico e toponímico. De feito, foron unha base importante para as propostas posteriores a [[1970]], xa de carácter un pouco máis funcional e tendo en conta tamén o criterio demográfico, comunicativo e, por tanto, administrativo, como a proposta do xeógrafo Antonio López Gómez en [[1970]], a de Joan Soler i Riber, do mesmo ano, ou a de Pérez Puchal en [[1979]]. Finalmente, é a proposta de Joan Soler, que se fixo coa colaboración de Sanchis Guarner e López Gómez, a proposta que logra máis difusión e popularidade durante os anos 70 do [[século XX]], dende os ámbitos políticos, culturais, académicos, educativos, e editoriais do País Valenciano.