Abrir o menú principal

Cambios

sen resumo de edición
Estivo presente na vida pública española dende os seus comezos, cunha participación directa na loita revolucionaria contra o réxime da Restauración, caso da folga revolucionaria de ferroviarios de 1917, afogada en Biscaia, Asturias e Madrid.
 
Coma tódolos partidos socialistas marxistas europeos, o PSOE viuse sacudido pola chamada crise das Internacionais, que emerxeu durante a Primeira[[primeira Guerraguerra Mundialmundial]]<ref>Paul Heywood ''Marxism and the Failure of Organised Socialism in Spain, 1879-1936''. Cambridge University Press , pp. 26-27</ref> e que acabou separando a comunistas e socialistas en partidos diferentes e confrontados entre eles. En 1919, o Congreso do PSOE estudou a posibilidade de abandonar a [[II Internacional]] (socialista) e integrarse na nova Internacional Comunista, ou [[III Internacional]], liderada polo Partido Comunista da Unión Soviética e posta en marcha por [[Vladimir Lenin]]. Nese ano, 1919, o PSOE contaba con 42.000 militantes.
 
Ante a división existente entre os delegados, o Congreso acordou esperar á seguinte reunión da [[II Internacional]] para tomar unha decisión. Desconforme coa decisión, a [[Federación de Juventudes Socialistas]], rama xuvenil que aglutinaba ós elementos máis radicais do partido, decidiu [[escindirse do PSOE, adherirse á [[III Internacional]] e constituír a súa sección española co nome de Partido Comunista Español]], en [[1920]].
Así mesmo, o PSOE foi o único partido ó que se lle permitiu permanecer na legalidade durante a ditadura do Xeneral [[Miguel Primo de Rivera]], pois aínda que [[Pablo Iglesias]] asina o [[13 de setembro]] de [[1923]] o manifesto contra a ditadura, como presidente do partido e da UXT, produciuse unha división no seu seo ante a actitude que debía manterse fronte ao réxime militar. Por un lado, Largo Caballero e Saborit eran partidarios dunha certa colaboración para permitir o funcionamento do sindicato, mentres que Indalecio Prieto e Fernando de los Ríos eran contrarios a esa colaboración. A crise finalizou coa dimisión da Comisión Executiva de Prieto tras o nomeamento de Largo Caballero como Conselleiro de Estado de Primo de Rivera.
 
Coa chegada da [[Segunda República Española|II República]] o PSOE que se presentara ás eleccións en coalición cos republicanos e conseguira 115 deputados forma parte do goberno no primeiro bienio, o denominado republicano-socialista cun total de tres ministros: Francisco Largo Caballero, Indalecio Prieto e Fernando de los Ríos. Durante o segundo bienio ou bienio negro, algúns dirixentes do partido involúcranse nos sucesos revolucionarios de Asturias, coñecidos como [[Revolución de 1934]] e xa non volvería ó goberno ata despois de comezada a [[Guerraguerra Civilcivil española|guerra civil]], ó ser nomeado en setembro Largo Caballero o primeiro presidente do goberno socialista da historia de España. No ano [[1936]] contaba con 60.000 afiliados.
 
Baixo os auspicios do partido, vótase no [[1931]] a favor da participación das mulleres como electoras, postura defendida por [[Clara Campoamor]] en contra de parte dos seus propios compañeiros, que defendían un atraso en dita concesión de voto debido á influencia da igrexa nas mulleres.
 
=== O PSOE durante o franquismo ===
O PSOE foi ilegalizado durante o período posterior á [[Guerraguerra Civilcivil española]], como o foron todos os demais partidos e organizacións políticas a excepción dos pertencentes ó denominado [[Bando nacional|Movemento Nacional]] (o partido único [[Falange Española Tradicionalista y de las JONS]] e o seu sindicato vertical, a [[Central Nacional Sindicalista]]), os militantes e dirixentes que sobreviviron á guerra e permaneceron en España sufriron a represión ou permaneceron no silencio mentres o PSOE mantiña a súa estrutura no exilio.
 
En [[1942]] reorganizouse no interior con 300 comités locais nos penais e campos de concentración. En [[1944]] formouse a primeira Comisión Executiva no interior detida catro meses despois. Ata [[1953]], as seis executivas do interior foron desmanteladas pola policía e presos os seus dirixentes, ano no que era asasinado o Presidente, [[Tomás Centeno]], na sede da Dirección Xeral de Seguridade, hoxe sede do Goberno da Comunidade de [[Madrid]]. En xeral en [[España]], o PSOE tivo unha actividade clandestina moi inferior á do [[PCE]], e practicamente inexistente en moitos territorios como foi o caso de [[Galicia]].
195.790

edicións