Philadelphia 76ers: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 71:
=== Chega Charles Barkley ===
[[Ficheiro:CharlesBarkley.jpg|miniatura|dereita|140px|[[Charles Barkley]], referente dos Sixers nos 80]]
Tras unha decepcionante tempada en [[Tempada 1983-84 da NBA|1983-84]], [[Charles Barkley]] chegou a [[PhiladelphiaFiladelfia]] na [[Tempada 1984-85 da NBA|seguinte tempada]]. Durante as próximas tempadas, Barkley encantaría aos seareiros dos Sixers grazas á súa forma de ser, gracioso e ás veces controvertido. Os 76ers volveron ás Finais de Conferencia, pero perderon contra os Celtics en cinco partidos.<ref>NBA.com [http://www.nba.com/history/playoffs/19831984.html 1984 Playoff Results]</ref> Para a tempada seguinte, [[Matt Guokas]] reemprazou a [[Billy Cunningham]] coma adestrador, liderando ao equipo cara a segunda rolda dos playoffs en [[Tempada 1985-86 da NBA|1985-86]], onde foi derrotado por [[Milwaukee Bucks]] en sete partidos.<ref>NBA.com [http://www.nba.com/history/playoffs/19851986.html 1986 Playoff Results]</ref>
 
O [[16 de xuño]] de [[1986]], Katz fixo doi dos traspasos máis controvertidos e criticados na historia da franquía, traspasando a [[Moses Malone]] a [[Washington Bullets|Washington]] e a primeira elección do draft de 1986 (que fora obtido de [[San Diego Clippers]] nun traspaso por [[Joe Bryant]] en [[1979]]) a [[Cleveland Cavaliers]]. A cambio diso, os Sixers recibiron a [[Roy Hinson]], [[Jeff Ruland]], e [[Cliff Robinson]], ningún dos cales xogariá máis de tres tempadas co equipo. Cleveland, entre tanto, capitalizou a súa elección nun futuro estrela [[Brad Daugherty]]. Os 76ers regresaron aos playoffs en [[Tempada 1986-87 da NBA|1986-87]], pero víronse derrotados por Milwaukee.<ref>NBA.com [http://www.nba.com/history/playoffs/19861987.html 1987 Playoff Results]</ref> En [[tempada 1987-88 da NBA|1987-88]], cun récord de 20–23, Guokas foi despedido e reemprazado polo asistente [[Jim Lynam]]. Lynam finalizou a tempada 16-13, e o equipo con 36-46, errando en alcanzar a postempada por primeira vez dende [[Tempada 1974-75 da NBA|1974-75]]. Philadelphia seleccionou a [[Charles Smith]] coa súa primeira elección no draft de [[1988]], para logo traspasalo a [[Los Angeles Clippers]] pola súa primeira elección, [[Hersey Hawkins]]. En cinco tempadas cos Sixers, Hawkins promediou 19 puntos por partidos, e abandonou o equipo como o lider histórico en triplas intentadas e anotadas.