Diferenzas entre revisións de «Francisco Porto Rey»

m
lig int
m (lig int)
m (lig int)
 
== Traxectoria ==
Francisco comezou os estudos de dereito, pero deixounos para dedicarse principalmente á literatura e ao xornalismo, ademais do seu traballo principal na xefatura dos talleres da Compañía dos Camiños de Ferro de Galicia en Vilagarcía. Colaborou en ''[[El Ciclón]]'', ''[[El Cínife (Santiago de Compostela)|El Cínife]]'', ''[[Faro de Vigo]]'', ''Galicia'', ''[[Villagarcía-Carril]]'' e ''[[Galicia Nueva (Vilagarcía de Arousa)|Galicia Nueva]]'', e en ''[[El Eco de Galicia (Buenos Aires)|El Eco de Galicia]]'' e no diario ''[[La Nación]]'' de Bos Aires onde publicou unha serie de "Cróneca(s)" de actualidade e algunhas narracións. Na súa faceta como escritor adoitaba asinar as obras como '''Farruco Porto Rey'''. Colaborou con [[Castelao]] en diversas publicacións, nas que o político nacionalista achegaba as súas ilustracións.
 
Publicou varias obras bilingües e o ''Diccionario gallego-castellano'', que apareceu en fascículos no semanario ''[[Villagarcía-Carril]]'' ata o 17 de xuño de [[1900]] (foi reeditado pola [[Real Academia Galega]] en 2000). É un dicionario bilingüe coas entradas en galego –só recolle como lemas as formas galegas distintas do castelán– e as definicións e equivalencias en castelán. Conta con preto de 15.000 entradas e nel refúndese o material dos traballos lexicográficos precedentes. A principal fonte de referencia é o ''[[Diccionario gallego]]'' de [[Cuveiro Piñol]]. Como novidade, proporciona a categoría gramatical dos lemas, e inclúe outros datos como a procedencia ou o étimo da palabra e a delimitación do campo do saber ao que pertence. A maior parte deste dicionario consérvase en folios manuscritos, aínda que moitos deles non presentan unha redacción definitiva. Foi académico correspondente da Real Academia Galega (1908).
94.121

edicións