Abrir o menú principal

Cambios

m
En [[1543]], [[Francisco I de Francia|Francisco I]], rei de Francia, anunciou a súa alianza sen precedentes co [[sultán]] [[Imperio Otomán|otomán]], [[Suleiman Kanuni|Solimán o Magnífico]], ocupando a cidade de [[Niza]], controlada por España, en cooperación coas forzas turcas. Henrique VIII de Inglaterra, que gardaba maior rancor contra Francia que o que tiña contra o emperador por resistirse no camiño ao seu divorcio, uniuse a Carlos na súa invasión de Francia. Aínda que o exército español foi completamente derrotado na [[batalla de Cerisoles]], en [[Savoia (rexión histórica)|Savoia]], a Henrique foille mellor, e Francia foi forzada a aceptar os termos. Os [[Austria|austríacos]], liderados polo irmán menor de Carlos, [[Fernando I de Habsburgo|Fernando]], continuaron loitando contra os otománs no leste. Con Francia vencida, Carlos puido ocuparse dun problema máis antigo: a [[Liga de Esmalcalda]].
 
A [[Reforma Protestanteprotestante]] comezara en Alemaña en [[1517]]. Carlos, a través da súa posición como emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico, as súas estratéxicas posesións patrimoniais situadas ao longo das fronteiras alemás, e a súa próxima relación cos seus parentes Habsburgos en Austria, tivo gran interese en manter a estabilidade do [[Sacro Imperio Romano Xermánico]]. A [[guerra dos campesiños]] estalara en Alemaña en [[1524]] e devastou o país ata que foi completamente sufocada en [[1526]]. Carlos, ata estando tan lonxe de Alemaña, estaba comprometido en manter a orde. Desde a guerra dos campesiños, os protestantes organizáronse nunha liga defensiva para protexerse do emperador Carlos. Baixo a protección da Liga de Esmalcalda, os estados protestantes cometeran un gran número de atrocidades aos ollos da igrexa católica -a confiscación dalgúns territorios eclesiásticos, entre outras cousas- e desafiaran a autoridade do emperador.
 
[[Ficheiro:Carlos_V_en_Mühlberg,_by_Titian,_from_Prado_in_Google_Earth.jpg|miniatura|dereita|250px|[[Carlos I de España]] na súa vitoria contra os Protestantes na [[Batalla de Mühlberg]] (1547), pintado por [[Tiziano]].]]
99.668

edicións