Bambán: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Desfíxose a edición 4362252 de 83.165.180.226 (conversa)
Liña 1:
[[Ficheiro:MoSchaukel.jpg|miniatura|Nena nun bambán.]]
Un '''bambán''', tamén chamado '''acaneadoiro''', '''arrandeadoiro''', '''carrandiola''', '''carriola''', '''cinchón''', '''dindán''' ou '''randeeira''',<ref>{{DRAG|Bambán}}</ref> é un aparello formado por un asento que pende dunha estrutura e que se usa para divertimentos dos nenos, nos [[circo]]s para espectáculos [[acrobacia|acrobáticos]], ou nun [[soportal]] para relaxarse. O asento do bambán pode estar sostido por cadeas ou cordas. Unha vez que o bambán está en movemento, continúa a [[Oscilación|oscilar]] coma un [[péndulo]] até que unha interferencia externa o deteña.
 
Nos parques infantís, son comúns os bambáns de [[metal]] ou [[madeira]], tendo gran variedade de tamaños e formas. Para os máis cativos, adoitan ter ocos para as pernas que terman do neno en posición ergueita namentres os seus pais empurran o bambán para facer o balanceo.