Diferenzas entre revisións de «Ética demostrada segundo a orde xeométrica»

sen resumo de edición
* Parte V: Do poder do entendemento ou da liberdade humana. Demostra que a mente humana, na medida en que abrangue a concepción de ideas que non dependen do tempo, é eterna e, como tal, é unha parte da infinidade eterna do intelecto de Deus. A mente humana atopa así, nesta comuñón intelectual con Deus, neste mutuo [[amor]] intelectual, a súa máxima [[Felicidade|ledicia]]/beatitude.
 
== CaracterísticasXénese da obra ==
A versión preliminar da primeira parte da Ética (segundo a cal na intención do autor na época debería consistir nun total de tres partes) foi completada por Spinoza en [[1662]]. El realizara, entre [[1656]] a mais [[1657]], a elaboración do ''Tractatus de intellectus emendatione'' (''Tratado da emenda do intelecto''), que, porén, a deixou incompleta; por outra banda, probablemente entre [[1660]] e [[1661]], tiña escrito ''Korte Verhandeling van Deus, de Mensch en deszelvs Welstand'' (''Breve tratado sobre Deus, o ser humano a mais o ben del''), destinado a ficar inédito ata a morte do seu autor. O ''Tractatus de intellectus emendatione'' era un texto de raciocinio cartesiano, no que Spinoza argumentaba, de xeito semellante ao ''[[Discurso do método]]'' de [[René Descartes|Descartes]], o fracaso de todas as tentativas anteriores de chegar a unha fundación e unha comprensión completa do concepto de [[Ben (filosofía)|ben]] e, axiña, na tentativa de tornar este ben accesible ao ser humano (mesmo nun senso práctico), formulaba as teorías sobre o [[coñecemento]] a mais a [[verdade]] que constituíron a base dos seus escritos posteriores.
''A Ética'' é un modelo de [[filosofía]]. A obra articula o coñecemento [[Metafísica|metafísico]] para unha finalidade [[moral]]{{Cómpre referencia}}: a beatitude. O libro contén a síntese rematada do pensamento [[Ontoloxía|ontolóxico]], [[Antropoloxía|antropolóxico]] e [[moral]] do seu autor.
 
O ''Korte Verhandeling van Deus, de Mensch en deszelvs Welstand'' era unha obra de maior folgo, na cal o autor expuña pola primeira vez un sistema filosófico completo, de aí a ''Ética'', cuxa composición foi verosimilmente iniciada logo da conclusión do ''Korte Verhandeling'', representar fundamentalmente unha reelaboración diferente polo método de exposición, máis semellante no que di respecto á meirande parte do contido.
''A Ética'' está escrita ''more geometrico'', segundo unha presentación que pode desconcertar. Nela atópanse definicións, [[axioma]]s, proposicións, demostracións, cuxo modelo é evidentemente a construción [[Euclides|euclidiana]]. O more geometrico spinozista debe ser retrotraído ao seu [[modelo cartesiano]]: as ''Segundas Respostas ás obxeccións das Meditacións''; trátase dun procedemento de exposición, e no descubrimento da verdade.
 
Despois da publicación en [[1663]] de ''Principia philosophiae cartesianae'' (''Principios da filosofía cartesiana''), caracterizada pola exposición ''more geometrico'' (xeométrica) que sería tamén típica da ''magnus opus'' de Spinoza, o filósofo fixo circular entre algúns amigos un novo proxecto da ''Ética'', inda provisorio, se ben que el mesmo consideraba a obra case completa; nesta fase a obra titulábase ''Philosophia''.
 
Mentres, el escribiu tamén o ''Tractatus theologico-politicus'' (''Tratado teolóxico-político''), que sería publicado anonimamente en [[1670]]. Spinoza sustentaba a importancia da liberdade de pensamento e de expresión, a fin de volver posible a calquera a busca do ben máis elevado e, por consecuencia, opúñase á interferencia do poder relixioso na esfera política e a todas as formas de [[intolerancia]] que puidesen resultar desta ou doutras causas.
 
== Contido ==
10.315

edicións