Ética demostrada segundo a orde xeométrica: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Isili0n (conversa | contribucións)
Achega do artigo en portugués.
Isili0n (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 7:
 
Foi traducida ao galego por Luis Rodríguez Camarero, José Carracedo Fraga e Manuel Enrique Vázquez Buján e publicada pola [[Universidade de Santiago de Compostela]] en [[2015]].<ref>[http://www.usc.es/libros/index.php/spic/catalog/book/868 Ficha] na web da USC.</ref>
 
== Organización da obra ==
* Parte I: De Deus. O autor demostra que existe só unha [[Substancia (filosofía)|substancia]] infinita que se manifesta en infinitos atributos que, no seu conxunto, son a propia substancia; só dous deles, extensión e pensamento, son perceptibles ao ser humano. Estes dous atributos «prémense en "modos" ("afeccións" da substancia), distintos en número infinito, en tanto prolongamento da infinidade dos atributos, e finitos, ou sexa, articulados nas cousas particulares». Os modos, materiais e ideas son dominados por un [[determinismo]] do que non se subtrae o propio Deus, identificado coa [[natureza]] do seu todo.
* Parte II: Da natureza e orixe da alma. Describe o paralelismo entre o corpo e a mente do [[ser humano]] que dá orixe ao noso [[coñecemento]] sensible e amosa como, alén deste, é posible acceder ao coñecemento adecuado, isto é, claro e distinto, e certamente [[Verdade|verdadeiro]].
* Parte III: Da orixe e natureza dos afectos. Amosa como a gama completa de emocións humanas depende dun impulso fundamental para a autopreservación, ao instinto de supervivencia a partir do cal, correspondendo a un aumento da propia forza, deriva a ledicia e, correspondendo a unha diminución, a tristura.
* Parte IV: Da servidume humana ou da forza dos afectos. Analiza como as ideas inadecuadas do ser humano determinan a súa pasividade relativamente ás causas externas das cales remata por ser un escravo, como a capacidade da [[razón]] para motivar o ser humano a combater as [[Paixón|paixóns]] e a convivir pacificamente cos demais.
* Parte V: Do poder do entendemento ou da liberdade humana. Demostra que a mente humana, na medida en que abrangue a concepción de ideas que non dependen do tempo, é eterna e, como tal, é unha parte da infinidade eterna do intelecto de Deus. A mente humana atopa así, nesta comuñón intelectual con Deus, neste mutuo [[amor]] intelectual, a súa máxima [[Felicidade|ledicia]]/beatitude.
 
== Características ==
Liña 13 ⟶ 20:
''A Ética'' está escrita ''more geometrico'', segundo unha presentación que pode desconcertar. Nela atópanse definicións, [[axioma]]s, proposicións, demostracións, cuxo modelo é evidentemente a construción [[Euclides|euclidiana]]. O more geometrico spinozista debe ser retrotraído ao seu [[modelo cartesiano]]: as ''Segundas Respostas ás obxeccións das Meditacións''; trátase dun procedemento de exposición, e no descubrimento da verdade.
 
== EstruturaContido ==
Está dividido en cinco libros:
* I, De [[Deus]]
* II, Da natureza e orixe da alma
* III, Da orixe e natureza dos afectos
* IV, Da servidume humana ou da forza dos afectos
* V, Do poder do entendemento ou da liberdade humana.
 
A obra comeza cunha serie de definicións problemáticas, na medida na que Spinoza, que retoma certos termos clásicos da ontoloxía e da [[metafísica]] (Deus, substancia, atributos, modos), non lle dá necesariamente un sentido tradicional.
 
=== Libro I ===
Este libro, que se inicia cunha primeira parte que trata “de Deus”, non cesou de ser considerado como o breviario do [[ateísmo]]. Esta atribución apenas pode ser considerada como unha traizón. Pois non se ve que metafísica, que [[teoloxía]] podería recoñecer ao seu Deus na pura inmanencia da substancia na natureza, nesta “ ontoloxía naturalista e monista”, en termos de Robert Misrahi. Esta filosofía desterra todas as representacións antropomórficas da divindade: Deus non é unha providencia organizadora, nin un pai amante, nin un monarca severo, nin un xuíz xusticeiro. O apéndice ao libro I desmonta os mecanismos destas ficcións, cuxos intereses ideolóxicos e mesmo políticos son analizados.