Biblioteca Nacional de Portugal: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios using AWB
Sen resumo de edición
Liña 22:
A Biblioteca Nacional de Portugal ten tamén a misión de reunir todas as obras publicadas no territorio [[Portugal|portugués]], mediante a política de depósito legal, ademais de adquirir obras consideradas especialmente importantes polo seu valor bibliográfico ou cultural.
 
Na actualidade, aA Biblioteca Nacional está a adaptar os seus fondos ás [[Tecnoloxías da información e a comunicación|novas tecnoloxías]], co obxectivo de ofrecer unha maior facilidade de acceso aos documentos a través da [[internet]]. De feito, esta biblioteca atópase entre as entidades fundadoras de [[The European Library]].
 
== Colección ==
 
=== Publicacións periódicas ===
A Biblioteca Nacional de Portugal alberga, ademais do seu catálogo de libros, máis de 50.000 títulos de [[Periódico|xornais]] e outras publicacións periódicas, dos cales 12.000 son títulos portugueses actuais e 240 son estranxeiros tamén en publicación na actualidade. Aínda que a maior parte destes títulos pertencen aos séculos [[Século XIX|XIX]], [[Século XX|XX]] e [[Século XXI|XXI]], tamén se conservan revistas e xornais do [[século XVII]] e [[Século XVIII|XVIII]], como a ''Gazeta da Restauração'' ([[1640]]), primeiro xornal portugués, ou a ''Gazeta de Lisboa'' (1715). O ''Açoriano'' Oriental(1835) e a ''Revista Militar'' ([[1848]]) son os títulos máis antigos aínda en curso. Entre a prensa estranxeira conservada na Biblioteca, destaca a producida en [[Brasil]] e en [[África]] (por exemplo, en [[Macau|Macao]] ou [[Goa]]).
 
A Biblioteca Nacional de Portugal está nestes momentos en proceso de microfilmación dun gran número de publicacións periódicas, especialmente as que proveñen dos séculos XIX e XX, entre as que se atopan ''O Português'' ou o ''Mercúrio Político'', a ''Revolução de Setembro'', a ''Ilustração Portuguesa'', o ''Diário de Notícias'', ''O Século'' e ''O Expresso''.<ref>{{Cita web|url = http://www.purl.pt|título = Biblioteca Nacional Digital|autor = Biblioteca Nacional de Portugal|fecha = |dataacceso = 22 de novembro de 2012|idioma = portugués}}</ref>
Liña 35:
 
=== Coleccións patrimoniais e Arquivo ===
A área do Arquivo Histórico reúne fondos e coleccións constituídas por documentos de arquivo de distintas procedencias, entre o [[século XI]] e o [[XX]]. Predominan os arquivos persoais e de familia, aínda que tamén se conservan fondos da administración central e local, xudiciais, notariais, eclesiásticos, etc. Estes fondos foron reunidos, en gran parte, como consecuencia da disolución das ordes relixiosas en Portugal en [[1834]], e das que seguiron á implantación da República, así como de compras e doazóns.
 
== Notas ==