Vince Carter: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎New Jersey Nets: arranxiño
Liña 67:
Na [[tempada 2005-06 da NBA|tempada 2005-06]] igualou o seu récord de puntos ao anotar 51 puntos aos [[Miami Heat]] a finais de decembro. Na outra ocasión o equipo adversario foi [[Phoenix Suns|Phoenix]], en [[2000]]. Ademais anotou 50 ante [[Philadelphia 76ers]]. Carter promedió 24.2 puntos, 5.8 rebotes e 4.3 asistencias. No terceiro partido en que Carter regresaba a [[Toronto]], saíu pola porta grande. Foi o [[8 de xaneiro]] de [[2006]] e Carter, como de costume, fora apupado duranto todo o partido. Cando o partido tocaba ao seu fin, e os Nets perdían 102-104, Carter sacouse un triplo afastado para dar a vitoria ao seu equipo con 0,1 segundos para o final. Vince acabou con 42 puntos e 10 rebotes. Carter considera este tiro gañador como o mellor da súa carreira, considerando a atmosfera daquel encontro, a emoción e a hostilidade que viviu o xogador.
 
As Nets acabaron cun recordrécord de 49-33 e levaron o título da [[División Atlántica|División Atlántico]]. En primeira rolda de playoffs superaron a [[Indiana Pacers]] 4-2, pero en Semifinais de Conferencia os [[Miami Heat|Heat]] volveron cruzarse no seu camiña e acabaron co soño de New Jersey cun contundente 4-1. Carter tivo unha media en playoffs 29,6 puntos, 7 rebotes e 5,3 asistencias, no que foi a súa mellor actuación estatística en playoffs. Na [[tempada 2006-07 da NBA|tempada 2006-07]], Carter asinou a súa tempada máis completa na NBA, na que ademais de asinar 25,2 puntos, achegou 6 rebotes e 4,8 asistencias por partido. Naquela tempada contou co apoio de [[Jason Kidd]], un dos mellores bases da NBA que deixou atrás dúas tempadas algo grises para volver polos seus foros. Carter, a pesar da lesión do pivote [[Nenad Krstić]] e a suspensión por consumo de [[Cánnabis (droga)|cannabis]] a [[Clifford Robinson]] sumada á fraxilidade do xogo interior do equipo, sacou a relucir o seu mellor nivel. Vince sumou varias actuacións de máis de 40 puntos, 9 triplos anotados contra [[Memphis Grizzlies]] (record de New Jersey) e 3 vitorias sobre a bucina contra [[Washington Wizards]], [[Charlotte Bobcats]] e un dos momentos do ano NBA, o seu tiro desde máis de 11 metros contra [[Utah Jazz]] que lle deu a vitoria ás Nets na cidade mormona. Participou xunto ao seu compañeiro [[Jason Kidd]] no [[All-Star Game|All-Star Game 2007]].
 
O [[7 de abril]] de [[2007]], na vitoria, con prórroga incluída, fronte a [[Washington Wizards]] 120-114, Carter e Kidd convertéronse na primeira parella, en 18 anos, que lograba un triplo-dobre no mesmo partido. Desde [[1989]] no que [[Michael Jordan]] e [[Scottie Pippen]] lográrono fronte a [[Los Angeles Clippers]], ninguén fora capaz de facelo. Carter acabou con 46 puntos, 16 rebotes (máximo da súa carreira) e 10 asistencias. Pola súa banda, Kidd terminou con 10 puntos, 16 rebotes (igualando o seu record) e 18 asistencias. Aquel triplo-dobre de Carter é o segundo mellor da historia, só por detrás de [[Alvan Adams]], que en [[1977]] asinou 47 puntos, 18 rebotes e 12 asistencias. Por terceira vez na súa carreira, non se perdeu ningún partido da tempada. Carter converteuse no primeiro xogador das Nets en anotar máis de 2.000 puntos nunha tempada. En playoffs caeron de nova en Semifinais de Conferencia, fronte a [[Cleveland Cavaliers]], despois de superar anteriormente a [[Toronto Raptors]]. En ambas as series en total fixo 22,3 puntos, 6,8 rebotes e 5,3 asistencias por partido.