Vince Carter: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Toronto Raptors: Filadelfia
Liña 55:
A tempada seguinte foi a que consagrou a Vince Carter como un das novas iconas da NBA. Foi incluído no quinteto titular do equipo da [[Conferencia Leste]] para o [[All-Star Game]] e ademais gañou o Concurso de Mates de [[2000]] cunha gran exhibición, rememorando os grandes concursos que [[Michael Jordan]] e [[Dominique Wilkins]] brindaron na [[1980|década dos 80]]. Asinou tres mates para a historia, un mate de 360º, un metendo até o cóbado na canastra e outro pasándose o balón por baixo das pernas para machucar despois.<ref name="about" /> O seu primo [[Tracy McGrady]], compañeiro seu en [[Toronto Raptors]], tamén participou. Aínda que Carter nunca máis participou nun concurso de mates por problemas de lesións e para previr futuras, foi un fixo nos [[All-Star Game|All-Star]] durante oito tempadas. Durante esta campaña, Vince experimentou un gran incremento en canto a números, 25.7 puntos, 5.8 rebotes e 3.9 asistencias e foi incluído no Terceiro Quinteto da NBA. Xunto con T-Mac, que promedió 15.4 puntos e 6.3 rebotes, liderou ao equipo aos seus primeiros playoffs, onde caeron fronte a [[New York Knicks]] por 3-0. Na tempada [[2000]]-[[2001|01]], McGrady marchouse a [[Orlando Magic]] e Vince quedou como única arma anotadora na franquía, que se reflectiu nos seus números. Carter asinou a súa mellor tempada estatísticas en man, con 27,6 puntos, 5,5 rebotes e 3,9 asistencias. Foi incluído no Segundo Quinteto da NBA.
 
Na primeira tempada de [[Lenny Wilkens]] como técnico, Toronto alcanzou as 47 vitorias e por primeira vez na súa historia, superou unha rolda de playoffs] vingándose dos Knicks. En Semifinais de Conferencia caeron derrotados en sete partidos ante [[Philadelphia 76ers]]. Carter fallou o tiro decisivo a dous segundos do final.<ref>[http://www.nba.com/games/20010520/TORPHI/recap.html Philadelphia Rapts Up Series With Toronto]</ref> O día do sétimo partido estivo pola mañá na [[North Carolina Tar Heels|Universidade de Carolina do Norte en Chapel Hill]] para a súa gradación.<ref>[http://www.cbc.ca/sports/story/2001/05/20/carter010520.html Carter gets his diploma]</ref> Despois colleu un avión privado que o levou a [[PhiladelphiaFiladelfia]]. No verán de [[2001]], Carter asinou unha extensión do seu contrato de seis anos a razón de 94 millóns de [[USD|dólares]].<ref>[http://sportsillustrated.cnn.com/basketball/nba/features/2001/si_preview/raptors/ SI's 2001-02 NBA Preview: Toronto Raptors]</ref> Nese verán, Carter anunciou que podería organizarse un partido benéfico con varias estrelas da NBA no [[Air Canada Centre]]. Este partido disputouse o [[3 de agosto]] de [[2001]] e o éxito do encontro converteuno nun evento clásico do verán.
 
Durante a tempada [[2001]]-[[2002|02]], Carter perdeuse vinte e dous partidos por lesión. Nos 60 partidos que disputou fixo 24,7 puntos, 5,2 rebotes e 4 asistencias. O equipo volveu meterse en playoffs, mais caeu en primeira rolda ante [[Detroit Pistons]] con Vince lesionado. Foi votado novamente para participar no All-Star pero non puido participar por lesión. Na tempada [[2002]]-[[2003|03]], Carter fixo 20,6 puntos, 4,4 rebotes e 3,3 asistencias de media nos 43 partidos que só puido disputar por unha lesión de xeonllo. No [[All-Star Game da NBA|All-Star de 2004]], Carter cedeulle a [[Michael Jordan]] o posto de titular, xa que era o último All-Star do mítico 23.<ref>[http://slam.canoe.ca/slam/basketball/nba/toronto/2004/12/18/788808-sun.html Vince's wild ride]</ref> Ao [[tempada 2003-04 da NBA|ano seguinte]], Carter volveu disputar case toda a tempada. En 73 partidos promedió 22,5 puntos, 4,8 rebotes e 4,8 asistencias, insuficientes para clasificarse aos playoffs na primeira tempada de [[Kevin O'Neill]] no banco.