Denver: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Unhanova (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m →‎Historia: Xeorxia, Estados Unidos de América
Liña 25:
 
== Historia ==
''Denver City'' foi fundada en novembro do [[1858]] como unha vila fundamentalmente mineira durante a febre do ouro do pico ''Pikes'' (''Pikes Peak'' en [[lingua inglesa|inglés]]), ao oeste de [[Kansas]]. Naquel verán, un grupo de exploradores de Lawrence ([[Kansas]]) chegaron e edificaron a cidade de Montana (''Montana City'') á marxe do río ''South Platte'', aínda que rapidamente desapareceu dando lugar no verán de [[1859]] a ''Auraria'', un nome que fai referencia á mina de ouro da cidade do mesmo nome pertencente ao Estado de [[GeorgiaXeorxia, Estados Unidos de América|Xeorxia]]. Este foi o primeiro asentamento do que despois sería a cidade de Denver.
O [[22 de novembro]] de [[1858]], o xeneral William Larimer, un especulador da terra do [[leste]] de [[Kansas]], colocou troncos de álamo para poñer unha reclamación nun acantilado con vistas á confluencia do río ''South Platte'' e do seu afluente, o ''Cherry Creek'', ao outro lado do arroio do asentamento mineiro de ''Auraria''. Larimer denominou a cidade ''Denver City'' para gañarse o favor do gobernador territorial de [[Kansas]], James W. Denver, pois el esperaba que poñéndolle ese nome á vila podería chegar a que o condado de Arapaho fose sede de condado, pero non o conseguiu, xa que por aquel entón o gobernador de Denver xa dimitira. As primeiras cidades asentáronse no que agora é o ''Confluence Park'', no centro da cidade de Denver. Larimer, xunto cos socios da sociedade ''St. Charles City Land'', vendeu parcelas da cidade aos comerciantes e mineiros coa intención de crear unha gran cidade. Denver era unha cidade fronteiriza, cunha economía baseada na industria mineira, na gandería e no comercio de mercancías.
O territorio de Colorado foi creado o [[28 de febreiro]] de [[1861]], mentres que o condado de Araphoe formouse o [[1 de novembro]] do mesmo ano. Por outra parte, a cidade de Denver (chamada ''Denver City'' por aquel entón) foi incorporada a Colorado o [[7 de novembro de 1861]], en [[1867]] converteuse na capital do territorio e, ademais, foi sede do condado de Arapahoe dende a súa formación ata a súa consolidación en [[1902]]. Unha vez que adquiriu importancia, ''Denver City'' acurtou o seu nome e pasou a chamarse Denver, tal e como se coñece hoxe.