Bon Jovi: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Moedagalega (conversa | contribucións)
*financieiro/a > financeiro/a. Outros axustes lingüísticos.
Liña 77:
En 1997 Jon Bon Jovi editou o seu terceiro álbum como solista, ''[[Destination Anywhere]]'', onde aparecen bos temas de [[pop]], como "Janie, Don't take your Love to Town", "Naked", "Midnight in Chelsea", "Destination Anywhere", "Queen of New Orleans" ou a canción en castelán "Miro a tu Ventana". Son temas escritos en distintas partes do mundo. Richie Sambora, pola súa parte, edita ''[[Undiscovered Soul]]'', o seu segundo álbum como solista, con temas como "Hard Times Come Easy" ou "Made in America". David Bryan tamén editou nese ano o seu primeiro disco en solitario, ''[[Lunar Eclipse]]'', con temas instrumentais (todas a piano e creadas por el), máis o éxito do 92 "In These Arms" en versión cantada por el.
 
Nestes anos Jon convertiuseconverteuse en modelo e artista de cine, participando en películas como "Little City", "Moonlight and Valentino" e "Destination Anywhere" onde comparte o protagonismo con [[Demi Moore]].
 
O 31 de xaneiro de 1998 houbo un concerto chamado "Jon Bon Jovi and Friends Come Together", en homenaxe a [[Patrick King]], que fora asasinado o 20 de novembro de 1997. Logo Jon participou no evento humanitario "[[Pavarotti and Friends]]", onde interpreta xunto a [[Luciano Pavarotti]] a canción "Let it Rain".