Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
se non
Anox (conversa | contribucións)
Liña 89:
==Afonso ou Alonso?==
Boas Anox, como sei que ti controlas do tema, poderías contestar ó comentario que fixeron na conversa de [[Afonso de Lanzós]]? Saúdos, --[[Usuario:Elisardojm|Elisardojm]] ([[Conversa Usuario:Elisardojm|conversa]]) 7 de xuño de 2017 ás 08:07 (UTC)
 
 
Na Idade Media había moitas persoas que se chamaban Afonso (coa forma abreviada Afon cando ía antes de patronímico) e, como tódolos nomes moi frecuentes, representábase con abreviatura, Aº. Os editores dos textos medievais formados en español, adoitan desenvolver esa abreviatura como Alonso ou Alfonso, pero esas formas por extenso son moi raras nos textos galegos. A iso hai que engadirlle que o apelido Afonso foi case sistematicamente castelanizado en Alonso (véxanse os números respectivos na Cartografía dos Apelidos Galegos). Como consecuencia, os persoeiros medievais que levaban ese nome aparecen moitas veces nos textos modernos como Alonso (e isto pasa con algúns outros nomes e apelidos, como Martís -> Martínez). O lóxico e axustado á realidade é pór os nomes que realmente tiñan. Neste caso, Afonso.
 
--Anox 7 de xuño de 2017 ás 17:22 (UTC)