Guerra civil chinesa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 148:
Durante a década de 1920, os activistas do PCCh refuxiáronse na clandestinidade ou fuxirón o campo, onde fomentaron unha rebelión armada. A rebelión do PCCh contra o goberno nacionalista comezou o 1 de agosto de 1927 en [[Nanchang]], [[Jiangxi]].<ref name=Nanchang/><ref name="Lee">Lee, Lai to. Trade Unions in China: 1949 To the Present. [1986] (1986). National University of Singapore Press. ISBN 9971-69-093-4.</ref> Do levantamento de Nanchang xurdiu a formación dun exército rebelde comunista, o [[Exército Vermello dos Traballadores e Campesiños Chineses]], que máis tarde se convertería no [[Exército Popular de Liberación]]. O 4 de agosto, as forzas do Exército Vermello abandonaron Nanchang e dirixíronse cara ao sur nun ataque contra Guangdong. As forzas gobernamentais rapidamente recuperaron Nanchang mentres as forzas rebeldes escapaban ao campo.<ref name=Nanchang/> Unha reunión do PCCh o 7 de agosto confirmou a intención do partido de tomar o poder pola forza, seguida por unha violenta campaña anticomunista do goberno de Wang Jingwei en Wuhan a partir do 8 de agosto. O 14 de agosto, Chiang Kai-shek ante a falta de apoios por parte da xunta militar de [[Nanjing]] retirouse á súa aldea natal. Máis adiante o PCCh fixo outros intentos para tomar as cidades de Changsha, Shantou e Guangzhou. O Exército Vermello formado por soldados amotinados do antigo Exército Revolucionario Nacional (ERN), así como [[campesiño]]s armados estableceu o control ao longo de varias áreas do [[sur da China]].<ref name="Lee" /> Mentres tanto as forzas do KMT seguian tentando acabar coas rebelións.<ref name="Lee" /> Entón, en setembro, Wang Jingwei foi forzado a saír de Wuhan e o 7 de setembro produciuse unha insurrección armada sen éxito coñecida como a [[revolta da colleita do outono]], liderada por [[Mao Tse Tung]].<ref name="Blasko">Blasko, Dennis J. [2006] (2006). The Chinese Army Today: Tradition and Transformation for the 21st Century. Routledge. ISBN 0-415-77003-3.</ref> Mikhail Borodin volveu en outubro, outra vez, á [[Unión Soviética]] vía Mongolia. En novembro, Chiang Kai-shek foi a Shanghai e invitou a Wang a unirse a el. O 11 de decembro, o PCCh comezou o levantamento de Cantón, establecendo un [[soviet]] alí ao día seguinte, pero o 13 de decembro perdeu a cidade tras un contraataque baixo as ordes do xeneral [[Zhang Fakui]]. O 16 de decembro, Wang Jin fuxiu a Francia. Agora había tres capitais na China: Pequín que era a capital da república internacionalmente recoñecida, outra en Wuhan gobernada polo PCCh e o KMT de esquerdas e outra en Nanjing rexida polo réxime de dereitas do KMT e que seguiría sendo a capital do KMT durante a próxima década.<ref name="Esherick">Esherick, Joseph. [2000] (2000). Remaking the Chinese City: Modernity and National Identity, 1900–1950. University of Hawaii Press. ISBN 0-8248-2518-7.</ref><ref name="Esherick" /><ref name="Clark">Clark, Anne Biller. Clark, Anne Bolling. Klein, Donald. Klein, Donald Walker. [1971] (1971). Harvard Univ. Biographic Dictionary of Chinese communism. Original from the University of Michigan v.1. Digitized Dec 21, 2006. p 134.</ref>
 
Isto marcou o comezo dunha loita armada que durou dez anos, coñecida na [[China continental]] como a "guerra civil dos dez anos" (十年内战) que terminou co [[incidente de Xi'an]] cando Chiang Kai-shek foi forzado a formar a [[Segunda Fronte Unida]] contra as forzas invasoras de Xapón. En 1930 a [[guerra das Chairas Centrais]] estalou como un conflito interno do KMT, conflito que foi levado a cavo por [[Feng Yuxiang]], [[Yan Xishan]] e [[Wang Jingwei]] que buscaban eliminar os focos restantes da actividade comunista mediante unha serie de cinco [[campañas de cerco]].<ref name="autogenerated1">Lynch, Michael Lynch. Clausen, Søren. [2003] (2003). Mao. Routledge. ISBN 0-415-21577-3.</ref> A primeira e segunda campaña fallaron ea terceira foi abortada debido ao [[incidente de Mukden]]. A cuarta campaña (1932-1933) logrou algúns éxitos temperáns, pero os exércitos de Chiang foron maltratados cando tentaron penetrar no corazón da República Popular da China de Mao. Durante estas campañas, as columnas do KMT penetraron rapidamente nas zonas comunistas, pero foron facilmente absorbidas pola grandeza do campo e non puideron consolidarse.
 
Por último, a finais de 1934, Chiang lanzou unha quinta campaña que implicou o cerco sistemático da rexión soviética de Jiangxi con fortíns militares.<ref name="Manwaring">Manwaring, Max G. Joes, Anthony James. [2000] (2000). Beyond Declaring Victory and Coming Home: The Challenges of Peace and Stability operations. Greenwood Publishing Group. ISBN 0-275-96768-9. px 58</ref> A diferenza de campañas anteriores en que penetrarón profundamente nun único golpe, esta vez as tropas do KMT pacientemente construen fortificacións, separadas unhas cinco millas, para cercar os ámbitos comunistas e cortar as subministracións de materiais e fontes de alimentos.<ref name="Manwaring" />