Rinoceronte de Sumatra: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Nova York
Sen resumo de edición
Liña 40:
O '''rinoceronte de Sumatra''' (''Dicerorhinus sumatrensis'') é un membro da familia [[Rhinocerotidae]] e unha das cinco especies de rinocerontes que existen. É a única das especies vivas do xénero '''''Dicerorhinus'''''. É o máis pequeno dos rinocerontes, sendo aínda un gran mamífero. Ó igual que as dúas especies africanas, ten dous cornos; o máis longo é o corno nasal, de entre 15 e 25 cm, mentres que o outro corno é un toco. Unha capa de pelos vermello-castaños cobre a maioría do corpo do animal.
 
Membros desta especie habitaron unha vez as selvas e bosques chuviosos da [[India]], [[Bután]], [[Bangladesh]], [[Myanmar]], [[Laos]], [[Tailandia]], [[Malaisia]], [[Indonesia]] e a [[China]]. Outrora habitaron no suroeste da China, particularmente en [[Sichuan]].<ref>{{cita libro |apelidos=Chapman, |nome=Jan ''|título=The Art of Rhinoceros Horn Carving in China'' (|ano=1999), p. |páxina=27. |editorial=Christie's Books, London ISBN|localización=Londres |isbn=0-903432-57-9.}}</ref><ref>{{Cita libro |apelidos=Schafer, |nome=Edward H. ''|título=The Golden Peaches of Samarkand: A study of T'ang Exotics'' (|ano=1963), p. |páxina=83. |editorial=University of California Press. |localización=Berkeley ande LosOs Angeles. First paperback edition: 1985.Ánxeles}}</ref> Hoxe, a especie atópase en perigo crítico, con só seis poboacións en liberdade: catro en [[Sumatra]], unha en [[Borneo]] e outra na [[Península de Malaisia]]. O seu número é difícil de determinar xa que son animais solitarios que viven esparexidos por todo o seu hábitat, pero estímase que quedan menos de 275. Os superviventes da Península malaia están en dúbida, e unha das poboacións de Sumatra pode estar xa extinta. O número total pode ser mesmo inferior a 200.<ref name="www.savetherhino.org sumatran_rhino_numbers_revised_downwards">[http://www.savetherhino.org/asia_programmes/rpu_programme_indonesia/sumatran_rhino_numbers_revised_downwards Save The Rhino : Sumatran rhino numbers revised downwards], 18 March 2012</ref> O declive do número de rinocerontes de Sumatra atribúese principalmente á caza polos seus cornos, moi valorados na [[medicina tradicional chinesa]].
 
Esta especie é moi solitaria agás polas crías. É a máis vocal das especies de rinoceronte, podendo comunicarse tamén ritmos cos pés, retorcendo árbores e plantóns en diferentes patróns, e depositando excrementos. A especie está moito máis estudada que a do [[rinoceronte de Xava]], en parte debido ó programa que ten 40 rinocerontes de Sumatra en catividade co obxectivo de recuperar a especie. O programa foi considerado un desastre, mesmo polos seus iniciadores, xa que a maioría dos rinocerontes morreron sen que nacera unha soa cría en case 20 anos.