Ácido desoxirribonucleico: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Isili0n (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 5:
O '''ácido desoxirribonucleico''' ('''ADN''', ou '''DNA''', nas súas siglas en [[lingua inglesa|inglés]]) é un [[ácido nucleico]] que contén as instrucións [[xenética]]s usadas no desenvolvemento e funcionamento de todos os [[Ser vivo|organismos]] vivos coñecidos e algúns [[virus]], e é responsable da súa [[Herdanza xenética|transmisión hereditaria]]. O papel principal da molécula de ADN é o almacenamento a longo prazo de [[información]]. O ADN é comparado a miúdo cun plano ou unha receita, ou un [[Código xenético|código]], xa que contén as instrucións necesarias para construír outros compoñentes das [[célula]]s, como as [[proteína]]s e as moléculas de [[ácido ribonucleico|ARN]]. Os segmentos de ADN que levan esta información xenética son chamados [[xene]]s, pero as outras [[secuencia de ADN|secuencias de ADN]] teñen propósitos estruturais ou toman parte na regulación do uso desta información xenética.
 
[[Química|Quimicamente]] o ADN consiste en dous longos [[polímero]]s formados por unidades sinxelas chamadas [[nucleótido]]s, con columnas feitas de azucres e grupos fosfato unidos por vínculos [[éster]] (esqueleto pentosa-fosfato). Estes dous polímeros van en direccións opostas, polo que se di que son [[antiparalelo (bioquímica)|antiparalelos]] e trénzanse entre si formando unha [[dobre hélice]]. Unidas a cada azucre hai un dos catro tipos de moléculas chamados [[Base nitroxenada|bases]], que son: [[adenina]] (A), [[guanina]] (G), [[citosina]] (C) e [[timina]] (T). As dúas febras do ADN son [[complementariedade (bioloxía molecular)|complementarias]] en bases, xa que a Aadenina dunha cadea sempre está enfronte dunha timina da outra cadea, e viceversa, e a citosina sempre está en fronte dunha guanina. Son as secuencias formadas por estas catro bases as que codifican a información. Esta información é lida usando o [[código xenético]], o cal especifica os [[aminoácido]]s que se deben utilizar durante a [[tradución (proteínas)|tradución das proteínas]]. A [[expresión xénica|expresión dos xenes]] realízase copiando o anaco do ADN correspondente a ese xene noutro ácido nucleico, o [[ARNm]], nun proceso chamado [[Transcrición (ARN)|transcrición]], e traducindo este ARNm a proteínas nos [[ribosoma]]s.
 
En canto á súa forma, as moléculas de ADN do [[núcleo celular|núcleo]] das células eucarióticas son de forma linear, pero as dos [[procariota]]s, [[mitocondria]]s e [[cloroplasto]]s son tipicamente circulares.