Guerra civil: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Jglamela (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Jglamela (conversa | contribucións)
Liña 11:
== Clasificación formal ==
[[Ficheiro:Battle of Gettysburg.jpg|miniatura|260px|Consecuencia da [[batalla de Gettysburg]], [[Guerra civil americana]], 1863]]
[[James Fearon]], estudoso das guerras civís na [[universidade de Stanford]] define unha guerra civil como "un conflito violento nun país no que loitan grupos organizados que pretenden tomar o poder central ou dunha rexión ou cambiar políticas gobernamentais".<ref name=fearon>[[James Fearon]], [http://www.foreignaffairs.org/20070301faessay86201/james-d-fearon/iraq-s-civil-war.html "Iraq's Civil War"] en ''[[Foreign Affairs]]'', Marzo/Abril 2007</ref> Ann Hironaka especifica ademais que unha banda da guerra civil é o [[estado]].<ref name=hironaka3/> A intensidade na que un disturbio civil se converte nunha guerra civil é discutido polos estudosos. Algúns científicos políticos definen guerra civil se hai máis de 1000 vítimas,<ref name=fearon/> mentres que outros especifican que polo menos ten que haber 100 por cada bando.<ref>Edward Wong, [https://www.nytimes.com/2006/11/26/world/middleeast/26war.html?_r=1&oref=slogin "A Matter of Definition: What Makes a Civil War, and Who Declares It So?"] ''New York Times'' November 26, 2006</ref> [[Correlates of War]], conxunto de datos empregados polos que estudan os conflitos, clasifica as guerras civís cando hai máis de mil vítimas relacionadas coa guerra cada ano do conflito. Este número é unha fracción pequena dos millóns que faleceron na [[segunda guerra civil sudanesa]] ou na [[guerra civil de Cambodja]], por exemplo, mais exclúe conflitos moi coñecidos como os de [[Irlanda do Norte]] e a loita do [[Congreso Nacional Africano]] durante o [[Apartheid]] en [[Suráfrica]].<ref name=hironaka3>Ann Hironaka, ''Neverending Wars: The International Community, Weak States, and the Perpetuation of Civil War'', Harvard University Press: Cambridge, Mass., 2005, p. 3, ISBN: 0-674-01532-0</ref>
 
Baseando no criterio de 1000 vítimas por ano, houbo 213 guerras civís entre 1816 e 1997, 104 das cales entre 1944 e 1997.<ref name=hironaka3/> Se se usa o criterio de 1000 vítimas totais houbo 90 guerras civís entre 1945 e 2007, con 20 en 2007.<ref name=fearon/>