Guerra civil: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Características: guerra civil estadounidense
Jglamela (conversa | contribucións)
Amplío de en.wiki
Liña 8:
 
Nalgúns casos, o obxectivo é a secesión dunha parte do territorio, aínda que nestes casos non sempre se consideran como "guerras civís" (exemplos dun tipo ou outro poden ser a [[ guerra civil estadounidense]] ou as guerras de [[descolonización]]). Nesta conflagración, chega ás veces a intervención de unidades estranxeiras de distintos países, mesmo, axudando ou colaborando cos distintos bandos desa mesma guerra civil, cuxos individuos chegan a ser voluntarios civís que apoian a ideoloxía do bando seleccionado.
 
== Clasificación formal ==
[[Ficheiro:Battle of Gettysburg.jpg|miniatura|260px|Consecuencia da [[batalla de Gettysburg]], [[Guerra civil americana]], 1863]]
[[James Fearon]], estudoso das guerras civís na [[universidade Stanford]] define unha guerra civil como "un conflito violento nun país no que loitan grupos organizados que pretenden tomar o poder central ou dunha rexión ou cambiar políticas gobernamentais".<ref name=fearon/> Ann Hironaka especifica ademais que unha banda da guerra civil é o [[estado]].<ref name=hironaka3/> A intensidade na que un disturbio civil se converte nunha guerra civil é discutido polos estudosos. Algúns científicos políticos definen guerra civil se hai máis de 1000 vítimas,<ref name=fearon/> mentres que outros especifican que polo menos ten que haber 100 por cada bando.<ref>Edward Wong, [https://www.nytimes.com/2006/11/26/world/middleeast/26war.html?_r=1&oref=slogin "A Matter of Definition: What Makes a Civil War, and Who Declares It So?"] ''New York Times'' November 26, 2006</ref> [[Correlates of War]], conxunto de datos empregados polos que estudan os conflitos, clasifica as guerras civís cando hai máis de mil vítimas relacionadas coa guerra cada ano do conflito. Este número é unha fracción pequena dos millóns que faleceron na [[segunda guerra civil sudanesa]] ou na [[guerra civil de Cambodja]], por exemplo, mais exclúe conflitos moi coñecidos como os de [[Irlanda do Norte]] e a loita do [[Congreso Nacional Africano]] durante o [[Apartheid]] en [[Suráfrica]].<ref name=hironaka3/>
 
Baseando no criterio de 1000 vítimas por ano, houbo 213 guerras civís entre 1816 e 1997, 104 das cales entre 1944 e 1997.<ref name=hironaka3/> Se se usa o criterio de 1000 vítimas totais houbo 90 guerras civís entre 1945 e 2007, con 20 en 2007.<ref name=fearon/>
 
As [[convencións de Xenebra]] non definen especificamente o vocábulo "guerra civil", mais delimitan as responsabilidades das partes nun "conflito armado de carácter non internacional", o que inclúe as guerras civís.
[[Ficheiro:T-55 Ethiopian Civil War 1991.JPEG|miniatura|esquerda|250px|Tanques nas rúas de [[Addis Ababa]] durante a [[guerra civil de Etiopía]] (1991)]]
Con todo, o comité internacional da [[Cruz Vermella]] tratou de aclarar o concepto cos seus comentarios sobre a convención de Xenebra, indicando que as convencións son "tan xerais, tan vagas, que moitas das delegacións temían que podían tomarse para cubrir calquera acto cometido pola forza das armas". Entón, os comentarios proporcionan diferentes condicións das que dependerían as convencións de Xenebra, aínda que o comentario sinala que non debería ser interpretado como condicións ríxidas. Estas condicións listadas pola [[ICRC]] son:<ref>Final Record of the [[Fourth Geneva Convention|Diplomatic Conference of Geneva of 1949]], (Volume II-B, p. 121)</ref><ref>Véxase tamén: [[Comité internacional da Cruz Vermella]] [http://www.icrc.org/ihl.nsf/COM/375-590006?OpenDocument commentary] sobre a Terceira Convención de Xenebra de 1949, Artigo III, Sección "A. Casos de conflito armado".</ref>
 
(1)
Que a parte en rebeldía contra o goberno ''de iure'' posúa unha forza militar organizada, unha autoridade responsable polos seus actos, que actúa nun determinado territorio e que ten os medios de respectar e asegurar respecto pla Convención.
 
(2)
Que o goberno legal estea obrigado a dar recursos á forza militar regular contra os insurxentes organizados como exército e en posesión dunha parte do territorio nacional.
 
(3)
(a) Que o goberno ''de iure'' recoñecese os insurxentes como belixerantes; ou
(b) Que se dean a eles mesmos os dereitos como belixerantes; ou
(c) Que se trate os insurxentes co recoñecemento como belixerantes para o propósito só da presente Convención; ou
(d) Que a disputa fose admitida na axenda do [[Consello de Seguridade]] ou da [[Asemblea Xeral das Nacións Unidas]] como parte dunha ameaza á [[paz]] internacional, unha violación da paz ou un acto de agresión.
 
(4)
(a) Que os insurxentes teñan unha organización con propósito de ter as características dun Estado.
(b) Que a autoridade civil insurxente exercite autoridade ''de facto'' sobre a poboación nunha porción determinada do territorio nacional.
(c) Que as forzas armadas actúan baixo a dirección dunha autoridade organizada e estean preparadas para observar as leis ordinarias da guerra.
(d) Que a autoridade civil insurxente acorde estar rexida polas cláusulas da Convención.
 
== Véxase tamén ==
{{commonscat|Civil wars}}
=== Bibliografía ===
* Ali, Taisier Mohamed Ahmed and Robert O. Matthews, eds. ''Civil Wars in Africa: roots and resolution'' (1999), 322 páxinas
* Mats Berdal and David M. Malone, ''Greed and Grievance: Economic Agendas in Civil Wars'' (Lynne Rienner, 2000).
* Paul Collier, ''Breaking the Conflict Trap: civil war and development policy'' World Bank (2003) – 320 páxinas
* {{cite book|editor1-last=Collier|editor1-first=Paul|editor1-link=Paul Collier|editor2-last=Sambanis |editor2-first=Nicholas |editor2-link= |year=2005|title=Understanding Civil War:Evidence and Analysis|volume= 1: Africa |publisher=[[The World Bank]]|location=[[Washington, DC]]|isbn=978-0-8213-6047-7|url=https://books.google.com/books?id=OnGQQVuIBjgC&pg=PP1&dq=Understanding+Civil+War:Evidence+and+Analysis&cd=1#v=onepage&q=&f=false}}
* {{cite book|editor1-last=Collier|editor1-first=Paul|editor2-last=Sambanis |editor2-first=Nicholas |editor2-link= |year=2005|title=Understanding Civil War:Evidence and Analysis|volume= 2: Europe, Central Asia, and Other Regions |publisher=The World Bank|location=Washington, DC|isbn=978-0-8213-6049-1|url=https://books.google.com/books?id=yNTQ-BDLPxIC&pg=PP1&dq=Understanding+Civil+War:Evidence+and+Analysis&cd=2#v=onepage&q=&f=false}}
* Stathis Kalyvas, "'New' and 'Old' Civil Wars: A Valid Distinction?" ''World Politics'' 54, no. 1 (2001): 99–118.
* David Lake and Donald Rothchild, eds. ''The International Spread of Ethnic Conflict: Fear, Diffusion, and Escalation'' (Princeton University Press, 1996).
* Roy Licklider, "The Consequences of Negotiated Settlements in Civil Wars, 1945–1993," ''American Political Science Review'' 89, no. 3 (verán 1995): pp 681–690.
* Andrew Mack, "Civil War: Academic Research and the Policy Community," ''Journal of Peace Research'' 39, no. 5 (2002): pp.&nbsp;515–525.
* David T. Mason and Patrick 3. Fett, "How Civil Wars End: A Rational Choice Approach," ''Journal of Conflict Resolution'' 40, no. 4 (outono 1996): 546-568.
* Patrick M. Regan. ''Civil Wars and Foreign Powers: Outside Intervention in Intrastate Conflict'' (2000) 172 páxinas
* Stephen John and others., eds. ''Ending Civil Wars: The Implementation of Peace Agreements'' (2002), 729 páxinas
* Monica Duffy Toft, ''The Geography of Ethnic Violence: Identity, Interests, and the Indivisibility of Territory'' (Princeton NJ: Princeton University Press, 2003).
* Barbara F. Walter, ''Committing to Peace: The Successful Settlement of Civil Wars'' (Princeton University Press, 2002),
=== Ligazóns externas ===
* [http://news.bbc.co.uk/2/hi/middle_east/4902708.stm ''What makes a civil war?''] {{en}}