Cultura castrexa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Desfíxose a edición 4359290 de 80.24.113.163 (conversa)
Liña 18:
Era unha sociedade [[xentilicia]], é dicir, carente de [[Estado]]. Non existe unha autoridade superior que coordene as accións dos distintos grupos sociais coa finalidade de manter a unidade do grupo. A cohesión social lógrase a través do funcionamento dunha serie de institucións, que nunhas ocasións agrúpanse e noutras confróntanse entre si.
 
Existe un certo equilibrio social entre os homes e as mulleres, pois estas posuían as terras, pero os homes poderían ter outro tipo de riquezas, como o gando. Este equilibrio desaparece no mundo político, xa que nel toda a autoridade está nas mans dos homes. A sociedade castrexa era [[matrilineal]], pero [[patriarcal]].
 
Esta sociedade podería describirse como unha estrutura formada por unha serie de círculos concéntricos nos que se situarían unha serie de grupos sociais seguindo o número de membros: