Diferenzas entre revisións de «Extinción en masa»

==== Eventos anóxicos ====
 
Un [[evento anóxico]] é unha situación na que as capas media e superior do océano se fan deficientes ou totalmente carentes de [[oxíxeno]]. As súas causas son complexas e controvertidas, pero todos os exemplos coñecidos están asociados con algún grave e prolongado quecemento global, principalmente causado por un volvanismovolcanismo masivo duradeiro.<ref>{{Cite journal|title = Geochemistry of oceanic anoxic events|url = http://onlinelibrary.wiley.com/doi/10.1029/2009GC002788/abstract|journal = Geochemistry, Geophysics, Geosystems|date = 2010-03-01|issn = 1525-2027|pages = Q03004|volume = 11|issue = 3|doi = 10.1029/2009GC002788|language = en|first = Hugh C.|last = Jenkyns|bibcode=2010GGG....11.3004J}}</ref>
 
Suxeriuse que os eventos anóxicos causaron ou contribuíron ás extincións do Ordovícico-Silúrico, do final do Devónico, do Perminao-Triásico e do Triásico-Xurásico, e tamén a varias extincións menores (como os eventos [[evento Ireviken|Ireviken]], [[evento Mulde|Mulde]], [[evento Lau|Lau]], [[recambio do Toarciano|Toarciano]] e Cenomaniano-Turoniano). Por outra parte, existen extensos depósitos de lousas negras desde mediados do Cretáceo, que indican eventos anóxicos, pero que non están asociados con extincións en masa.
185.350

edicións