MTV Unplugged in New York: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
m Nova York
Liña 15:
}}
 
'''''MTV Unplugged in New York''''' é un álbum en directo da banda estadounidense de [[grunge]] [[Nirvana (grupo musical)|Nirvana]], editado o [[1 de novembro]] de [[1994]]. Contén unha actuación en directo realizada nos Sony Music Studios en [[NewNova York]] o día [[18 de novembro]] de [[1993]] para a serie de televisión ''[[MTV Unplugged]]''. O programa foi dirixido por Beth McCarthy e emitíuse por vez primeira pola cadea [[MTV]] o [[14 de decembro]] de [[1993]]. Ao contrario que no reto dos programas da serie, [[Nirvana (grupo musical)|Nirvana]] tocou un ''setlist'' formado principalmente por temas pouco coñecidos e versións de [[The Vaselines]], [[David Bowie]], [[Meat Puppets]] (durante a actuación uníronse dous dos seus membros no escenario) e [[Lead Belly]].
 
''MTV Unplugged in New York'' foi o primeiro disco de Nirvana publicado tras a morte de [[Kurt Cobain]]. O álbum estreouse no número 1 da lista ''[[Billboard 200]]'', e converteuse no seu lanzamento máis exitoso tras a súa separación, tendo sido certificado 5 veces platino nos [[Estados Unidos]] cara [[1997]]. Tamén gañou o [[Grammy]] ao mellor álbum de música alternativa en [[1996]]. A actuación foi editada en [[DVD]] no ano [[2007]].