Inés de Castro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios
Liña 42:
 
=== Romance con D. Pedro ===
[[File:Túmulo de D. Inês de Castro.jpg|thumb|300px|Sepulcro de Inés de Castro no [[Mosteiro de Alcobaça]], Portugal. Mármore, c. 1358-1367.]]
Inés de Castro chegou a [[Portugal]] en [[1340]], integrada como [[aia]] no séquito de [[Constanza Manuel]], filla de Xoán Manuel de Castela, un poderoso nobre descendente da [[Casa real]] [[Coroa de Castela|castelá]], que iría casar co [[Pedro I de Portugal|príncipe Pedro]], herdeiro do trono portugués. O príncipe apaixonouse por Inés pouco tempo despois, neglixenciando a muller lexítima, Constanza, e pondo en perigo as débiles relacións con Castela. Tentando separar a Pedro e Inés, Constanza convida a Inés como madriña do seu primeiro fillo varón, o Infante Luís (1343), xa que de acordo cos preceptos da Igrexa Católica de entón, unha relación entre un dos padriños e un dos pais do bautizado era case incestuosa. O neno non durou un ano, o que fixo aumentar as desconfianzas en relación a Inés de Castro.