José Pacheco: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 1:
'''José Pacheco''', nado en [[1784]] e finado en [[1865]], foi un músico galego, mestre de capela da catedral de [[Mondoñedo]] durante case 60 anos. Foi continuador do vilancico en galego, iniciado por Melchor López en Compostela e importado a Mondoñedo por Santavalla. Alumnos del foron persoeiros como Pascual Enciso y Arriola, Pascual Veiga ou Juan Montes.
 
== Biografía ==
Liña 20:
Igualmente pretendeu, por dúas veces, o mesmo posto na catedral de Santiago de Compostela despois de que morrera o seu mestre Melchor López, praza que gañaría Ramón Palacio en 1846.
 
Destaca Varela Lenzano a faceta pedagóxica do mestre Pacheco: <blockquote>«Y en lo concerniente á los resultados prácticos de la enseñanza, comprendía con admirable clarividencia cuán grandes y maravillosos podían prometérselos de la ingénita propensión al dominio de la música que residía en el espíritu de sus paisanos, y á formar una generación de artistas encaminó ensoñadoras ideas, convirtiéndolas en verdadero apostolado. Donde quiera que las aptitudes de la juventud se revelaban, allí detenía la atención para estimularlas por medio del consejo y de la ayuda de sus conocimientos profesionales, que prodigaba, franca, espontánea y desinteresadamente».</blockquote>Estivo Pacheco enó contactotanto coada actividade musical da península. En Madrid coñeceu intimamente a Carnicer e entrou en contacto cos «espectáculos de la primer escena lírica» e as «solemnidades de la Real Capilla» (Varela Lenzano 1897, 35).
 
Di Varela Lenzano que José Pacheco foi un home ó que se lle rendiu un profundo respecto en vida. Relacionado coas familias máis distinguidas de Asturias e Galicia, nunca desprezou, ó contrario, procurou atraer e relacionarse tamén coas clases populares.<blockquote>«Alma bondadosa, identificada de continuo con todo lo que significaba expresión de sencillez y dulzura, diríase que no pertenecía al mundo de las amargas realidades, sinó que vagaba por la región fantástica de las ideas» (Varela Lenzano 1897, 36).</blockquote>O mestre José Basanta Fernández Pacheco fina o 23 de marzo de 1865, despois de case sesenta anos á fronte da capela da catedral de Mondoñedo. As súas obras consérvanse nas catedrais de León, Lugo, Oviedo, Santiago de Compostela, Sevilla e Tui, aparte da de Mondoñedo, que contén o groso da súa produción (Trillo e Villanueva 1993, 36).
Liña 33:
Nos momentos de melloría reaxústase a capela e pódese observar como os primeiros atrís e os mellores cantores da etapa anterior desapareceron e foron cubertas estas prazas por nenos de coro. Desde este momento, a capela mantense con músicos da canteira, practicamente. Tralo ''Trienio liberal'' obsérvase unha aparente melloría e reactivación: admítense a estudo aumentos de soldo e ponse maior atención na Academia de Música.
 
Desde 1832 vaise preparando a bancarrota total con medidas que se fan executivas no 1837: suprímense misas, non se fala da música, pero obsérvase —de novo pola datación das obras —obras— que as grandes solemnidades seguen celebrándose. Esta contradición explícase pola existencia de músicos da canteira que seguen manténdose pola mera subsistencia e tamén pola ambigüidade do cabido, que non paga salarios, pero otorgaoutorga subsidios. Supóñense tamén solucións de tipo práctico para solventar as ausencias: o órgano pode complementar ou suprir á orquestra en moitas funcións, así como facer as veces de coro de ''rippieno''. A versatilidade dos músicos pódelles permitir actuar en diferentes papeis, instrumentos ou cantar en distintas tesituras. Ademais, están os reforzos do exterior, que acoden ás grandes festas de Corpus, Asunción e Nadal.
 
Fálase de substituír os vilancicos e volver á interpretación de responsorios e do ''Te Deum'' pola falta de persoal a partir de 1837.
 
A pesar de todas as dificultades, séguense escribindo obras, facendo arranxos e adaptacións, introducindo novos instrumentos, etc. Non obstante,  todas estas circunstancias xustifican o que debeu ser unha máis que considerable baixada no nivel interpretativo e na densidade de equilibrio entre ada propia orquestra. Pacheco faille notar esta evidencia ó cabido e as súas posibles solucións mediante sucesivas reclamacións.
 
== Obra ==
Liña 52:
Non obstante, que o estilo de Pacheco tenda ó de Melchor López non quere dicir que o imite a el en concreto renunciando á súa propia personalidade, senón que ámbolos dous seguen os mesmos modelos, influenciados polo ambiente no que se desenvolveu a súa formación e a súa actividade profesional (Varela Lenzano 1897, 57). E os modelos foron Haydn e Rossini.
 
Na biblioteca de Pacheco, di Varela Lenzano, percíbense dúas cousas ó momento: a existencia dunha soa obra sagrada e a inclinación cara un pequeno número de compositores de autoridade nos xéneros instrumental e dramático: Haydn, Pleyel, Mozart, Paesiello, Cimarosa, Cherubini e Rossini. Estas partituras parece ser que foron empregadas en "audicións de cámara" celebradas baixo daa dirección de Pacheco na casa señorial de Luaces, debido á profusión de formacións camerísticas e arranxos de óperas para elas que se atopan nestana colección dedo Pachecomestre mindoniense.
 
Argumenta Varela Lenzano acerca da influencia da música de Haydn na do autor que nos ocupa poñendo o exemplo dos vilancicos de calenda, onde os recursos instrumentais están dispostos completamente ó xeito haydiano. Abundan neste aspecto tamén Trillo e Villanueva cando expoñen: <blockquote>«El ideal clasicista de la orquesta haydiana es mantenido hasta donde se puede: dos clarinetes, dos oboes, dos trompas, equilibrio de cuerdas, etc. Mondoñedo, salvo el final del mandato de Santavalla y los primeros años de Pacheco, no cuenta ya con una plantilla de estas características ideales» (Trillo e Villanueva 1993, 38).</blockquote>Característico da música de Pacheco a maiores do modelo orquestral é tamén o emprego do baixo continuo (elemento común á música galega desta etapa en xeral).
Liña 71:
Nos primeiros, escritos en español, o autor aproveita todos os recursos da música instrumental e dramática, revelando de novo as influencias dos invariables modelos: Haydn e Rossini. A extensión desmesurada, os longos preludios orquestais, rondós, recitados, arias, solos con acompañamento de voces e sen el, coros, himnos e a aplicación «de cuantos ''aires'' se amoldan a las situaciones del libreto»<ref group="nota">Este último elemento descrito por Varela Lenzano podería interpretarse —na opinión puramente persoal do autor deste pequeno artigo— como o emprego de música folclórica e popular, hipótese que habería que contrastar debidamente, pero que non é obxecto deste traballo.</ref> (Varela Lenzano 1897, 71) son características destas obras.
 
Entre os segundos, as panxoliñas ó Nacemento, hai 29 escritos en galego e o resto en español. Distan moito da ampulosidade dos de calenda, de feito, sitúanse no extremo oposto. A instrumentación, segundo Indalecio Varela, é sinxela e empréganse elementos da música do país<ref group="nota">Non obstante, este autor parece que trata estas panxoliñas cando as describe como se todas estivesen escritas en galego (Varela Lenzano 1897, 71: «procediendo el único encanto que atesoran [os vilancicos ó Nacemento] [...] del texto gallego en que aparecen escritos y de las cadencias de la música del país»), polo que non se podería afirmar se as de texto en español comparten as mesmas características.</ref>, «fuente á que acudió como agostada la inspiración buscando en sus frescos y límpidos raudales, la lozanía y placidez que brindan los giros de alboradas y muiñeiras» (Varela Lenzano 1897, 71). Cabe mencionar a difusión que acadou unha destas panxoliñas, ''En Belén hay muita festa'' (catalogada co número 782 por Trillo e Villanueva, orixinalmente en La maior para 4 voces e orquestra), do ano 1829, na versión arranxada que Carlos NuñezNúñez gravou co título de ''Villancico para la Navidad de 1829'' no seu disco ''A Irmandade das Estrelas'' do ano 1996.
 
== Notas ==