José Pacheco: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Desenvolvemento do artigo, que non existía (só aparecía a entrada e un par de liñas de texto), nunha recensión das tres principais fontes sobre o compositor.
Sen resumo de edición
Liña 4:
José Pacheco naceu en Mondoñedo (Lugo) o 15 de decembro do 1784. O seu nome completo era José Basanta Fernández Pacheco. O apelido Pacheco, polo que foi coñecido e co que consta nas actas capitulares do cabido de Mondoñedo, era o segundo da súa avoa paterna, quen o coidou ata o momento do seu ingreso como neno do coro da catedral mindoniense o 6 de febreiro do 1795.
 
<nowiki>Un ano despois da morte da súa avoa, o cabido faise cargo do rapaz confiándolle a súa custodia a un cura francés que voluntariamente se ofrece para ensinarlle latín e encargarse da súa educación e instrución, mentres que as correspondentes ensinanzas musicais corren a cargo do mestre de capela Ángel Custodio Santavalla.{{</nowiki>[[Plantilla:Refn|refn]]<nowiki>|ref group="nota"|<>Ou Santavaya. Segundo indica Varela Lenzano, atópase dos dous xeitos na escrita.>}}</nowikiref>
 
A súa propia valía maila protección que lle dispensaba o cabido —era Pacheco, ademais, afillado do arcediago da Azúmara— permitíronlle prosperar no eido musical.
Liña 41:
== Obra ==
 
=== '''Influencias e características''' ===
Escribe Varela Lenzano que José Pacheco "naceu á vida da arte" en pleno apoxeo rossiniano, enmarcándose no que Eslava define como estilo "moderno chan", por ser o máis cercano ó teatro e para o que chegaba o xenio do artista acompañado dun estudo regular da harmonía e da instrumentación, debido a que o seu desenvolvemento obedecía a procedementos sinxelos, imprimindo a maior expresión posible á letra e facendo xogar á orquestra con ritmos marcados, ás veces de gran brillantez.
 
Liña 69:
Para Varela Lenzano son os motetes a catro voces con acompañamento de fagot «el timbre más preclaro del abolengo artístico de Pacheco» (Varela Lenzano 1897, 63). E comenta o crítico musical:<blockquote>«En ellos escapa el compositor a la atracción irresistible de la orquesta cuyos oropeles habían fascinado su númen tantas veces; el estrecho marco del ''cuarteto'' sírvele para evocar la expresión acendrada, palpitante en las áureas páginas de Morales, de Victoria y de Guerrero; el ''solo'' y el ''duo'' despójanse de su envoltura teatral para ceder el puesto perteneciente al concierto majestuoso de las voces, que prorrumpen en cantos harmoniosos, de una estructura sencilla a la par que severa» (Varela Lenzano 1897, 63). </blockquote>Porén, as panxoliñas de Nadal son, en palabras do mesmo Varela Lenzano, as obras que máis fama e prestixio lle deron ó mestre mindoniense. A colección divídese en vilancicos de calenda e vilancicos ó Nacemento.
 
Nos primeiros, escritos en español, o autor aproveita todos os recursos da música instrumental e dramática, revelando de novo as influencias dos invariables modelos: Haydn e Rossini. A extensión desmesurada, os longos preludios orquestais, rondós, recitados, arias, solos con acompañamento de voces e sen el, coros, himnos e a aplicación «de cuantos ''aires''<nowiki> se amoldan a las situaciones del libreto»{{</nowiki>[[Plantilla:Refn|refn]]<nowiki>|ref group="nota"|<>Este último elemento descrito por Varela Lenzano podería interpretarse —na opinión puramente persoal, sen fundamento científico, do autor deste pequeno artigo— como o emprego de música folclórica e popular, hipótese que habería que contrastar debidamente, pero que non é obxecto deste traballo.</ref>}} (Varela Lenzano 1897, 71) son características destas obras.</nowiki>
 
<nowiki>Entre os segundos, as panxoliñas ó Nacemento, hai 29 escritos en galego e o resto en español. Distan moito da ampulosidade dos de calenda, de feito, sitúanse no extremo oposto. A instrumentación, segundo Indalecio Varela, é sinxela e empréganse elementos da música do país{{</nowiki>[[Plantilla:Refn|refn]]<nowiki>|ref group="nota"|<>Non obstante, este autor parece que trata estas panxoliñas cando as describe como se todas estivesen escritas en galego (Varela Lenzano 1897, 71: «procediendo el único encanto que atesoran [asos panxoliñasvilancicos ó Nacemento] [...] del texto gallego en que aparecen escritos y de las cadencias de la música del país»), polo que non se podería afirmar se as de texto en español comparten as mesmas características.</ref>}}, «fuente á que acudió como agostada la inspiración buscando en sus frescos y límpidos raudales, la lozanía y placidez que brindan los giros de alboradas y muiñeiras» (Varela Lenzano 1897, 71). Cabe mencionar a difusión que acadou unha destas panxoliñas, </nowiki>''En Belén hay muita festa'' (catalogada co número 782 por Trillo e Villanueva, orixinalmente en La maior para 4 voces e orquestra), do ano 1829, na versión arranxada que Carlos Nuñez gravou co título de ''Villancico para la Navidad de 1829'' no seu disco ''A Irmandade das Estrelas'' do ano 1996.
 
== Notas ==
<references group="nota" />
'''<code><nowiki>{{</nowiki>[[Plantilla:Listaref|Listaref]]<nowiki>|group="nota"}}</nowiki></code>'''
 
== Bibliografía ==