Columba de Iona: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m engado referencias
Sen resumo de edición
Liña 2:
[[Ficheiro:Columba at Bridei's fort.jpg|dereita|thumb|250px|San columba perante a porta do rei Brude.]]
 
'''Columba''' ou '''Comba''' ([[Condado de Donegal]] ([[Irlanda]]), [[7 de decembro]] de [[521]]<ref name=":0">{{Cita libro|título=Celtic Flames|apelidos=Walters|nome=Kathie|editorial=Good News Ministries|ano=2003|ISBN=1-888081-55-4|lugar=Macon (Georgia)|páxina=30|lingua=en|ref=}}</ref> – [[Iona]] ([[Escocia]]) [[9 de xuño]] de [[597]]), chamado tamén en ocasións de '''Columba de Iona''' ou, en [[irlandés antigo]], '''Saint Colm Cille''', '''Columbkill''' ou '''Columcille''' (que significa «[[Pomba]] da igrexa»), foi unha destacada figura entre os monxes misioneiros [[gaélica|gaélicos]] que reintroduciron o [[cristianismo]] en [[Escocia]] a comezos da [[Idade Media]].
 
É patrón dos [[asolagamento]]s, dos [[Encadernación|encadernadores]], [[poeta]]s, e de [[Irlanda]] e [[Escocia]].
Liña 19:
 
== ''Vita Columbae'' ==
A principal fonte de información sobre a vida de Columba é a ''Vita Columbae'', escrita por [[Adomnán]],<ref>{{Cita libro|título=Living the Hours: Monastic Spirituality in Everyday Life|apelidos=Grimley|nome=Anthony|editorial=Canterbury Press|ano=2010|ISBN=978-1-85311-971-2|apelidos2=Wooding|nome2=Jonathan M.|lugar=Norwich|páxina=27|lingua=en|ref=}}</ref> noveno [[abade]] de Iona, que finou en [[704]]. Tanto a ''Vita Columbae'' como [[Beda o Venerable]] refiren a visita de Columba a Bridei. Mentres que Adomnan só explica que Columba visitou a Bridei, Beda relata unha tradición máis tardía, quizais de orixe picta, segundo a que o santo chegou a converter ao rei dos [[pictos]]. Outra fonte temperá é un poema en loanza de Columba, probabelmente composto tamén no século VII, que ten 25 estrofas de catro versos de sete sílabas cada un.
 
O exemplo máis antigo rexistrado do nome [[Artur]] nun documento británico atópase na ''Vita Columbae'' escrita por Adomnan, onde aparece coma Arturius. Refírese a un príncipe escocés, fillo de [[Áedán mac Gabráin]], rei de [[Dál Riata]] desde 574, bastante lonxe do lugar no que adoita situarse o lendario [[Rei Artur]], no suroeste da [[Gran Bretaña]].