Canle (enxeñaría): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Jglamela (conversa | contribucións)
Jglamela (conversa | contribucións)
Traduzo de pt.wiki
Liña 11:
 
Outro tipo de canles moi característico é o que permite a navegación no interior das cidades. Un exemplo de canles navegables internos son os de [[Tarento]], onde as canles permiten o acceso dos buques de guerra ata o arsenal militar da cidade. Con todo, o mellor exemplo é [[Venecia]]; aínda que outras cidades como [[Amsterdam]] posúen varios quilómetros de vías navegables no seu interior, Venecia é o único exemplo no mundo dunha cidade na que o modo de moverse, ademais de a pé, é a través da súa intricada rede de canles.
 
== Historia ==
[[Ficheiro:Canal de la Peyrade, Sète, Hérault 01.jpg|miniatura|esquerda|Canal de la Peyrade, [[Sète]], [[Hérault]], [[Francia]]]]
[[Ficheiro:Kaiserkanal01.jpg|miniatura|Gran Canal da China]]
Posiblemente no comezo da [[XII dinastía exipcia|XII dinastía]], o [[faraón]] [[Sesostris III]] (1878 a.C. - 1839 a.C.) construíu unha canle oeste-leste escavada a través o Wadi Tumilat, unindo o [[río Nilo]] ao [[mar Vermello]], para o comercio direto com [[Punt]]. Algunhas evidencias indican a súa existencia polo menos no século XIII a.C. durante o reinado de [[Ramsés II]].<ref>[http://www.1911encyclopedia.org/S/SU/SUEZ_CANAL.htm] {{en}}</ref><ref>[http://www.denverseminary.edu/dj/articles1998/0100/0114.php] {{en}}</ref><ref>[http://lexicorient.com/cgi-bin/eo-direct-frame.pl?http://i-cias.com/e.o/suez_can.htm] {{en}}</ref><ref>[http://www.e-c-h-o.org/khd/location.html] {{en}}</ref><ref>[http://www.realidade.com.br/rih2/egipto.htm] {{es}}</ref> Máis tarde, entrou en decadencia e segundo conta o historiador grego [[Heródoto]], a canle foi reescavada arredor de 600 a.C. por [[Necho II]], que non chegou a completar o proxcto. A canle foi completada finalmente preto de 500 a.C. polo rei [[Darío I]], conquistador [[Imperio Aqueménida|persa]] de Exipto. Este canal foi reconstruído modernamente, vindo a constituír o [[canal de Suez]].
 
Na [[China]], o primeiro canal foi o [[Gran Canal da China]], no [[século VI]], mandado construír polo emperador [[Yang Guang]] da [[dinastía Sui]], ligando [[Pequín]] e [[Hancheu]]. Levou seis anos rematalo, unindo todas as canles que se encontraban no seu curso e ligando o [[río Amarelo]] ao Haihe, ao [[Río Huai He|Huai]], ao [[Yangzi]] e ao Qiantangjiang.
 
En Europa, o [[Naviglio Grande]] ligou [[Milán]] co [[mar Adriático]], no [[século XI]]. En [[Francia]], a canle de Briare abriuse en [[1642]].<ref>[http://www.portosdeportugal.pt/sartigo/index.php?x=6881 A importância dos canais artificiais para a navegação, Portos de Portugal.]</ref> En Suecia, a [[canle de Göta]] foi aberta ao público en 1832, proxectada polo [[arquitecto]] [[Baltzar von Platen]]; na súa construción participaron 58&nbsp;000 soldados<ref name="G1-1">{{cita novas|url =http://www.fokus.se/2010/05/kanalen-slar-bron-an-sa-lange/|título=Kanalen slår bron – än så länge|ultimo=G1|dataacceso=18-6-2010}}</ref>.
 
Na segunda metade do [[século XVIII]], nos [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]], xurdiron os primeiros planos e proxectos para a construción de canles artificiais a grande escala, unindo ríos navegables coas áreas produtivas e coas principais cidades do nordeste, nun período que se denominou "Febre dos Canais"; construíronse a [[canle de Erie]], a [[canle Cayuga-Seneca|Cayuga-Seneca]] e a [[canle de San Lourenzo]]. En Europa ocorreu algo similar, até a invención dos ferrocarrís en 1825, que substituíron en gran medida a navegación fluvial e que canalizou os recursos de investimento.<ref name=santos>[http://www.portogente.com.br/texto.php?cod=57156 SANTOS, Silvio dos. A importância dos canais artificiais para a navegação.]</ref>
 
A canle de Corinto, que une o [[golfo de Corinto]] co [[mar Exeo]], foi unha das primeiras tentativas de canal, realizada no ano 67 por orde do emperador romano [[Nerón]], que ordenou que seis mil escravos escavasen a rexión usando pas. No ano seguinte, Nerón morreu, e o seu sucesor, [[Galba]], abandonou o proxecto, por ser demasiado caro. Foi rematado entre 1881 e 1893.
 
Xunto co canal de Suez, outro canal de importancia actual é o [[canal de Panamá]], que comezou a ser construído en 1880 e foi rematado en 1914, con 81 quilómetros de lonxitude e de 12 a 30 metros de profundidade,<ref>[http://www1.folha.uol.com.br/folha/turismo/americacentral/panama.shtml Panamá]'', consultado o 4 de outubro de 2010</ref> que corta o [[istmo de Panamá]], conectando os océanos [[océano Atlántico|Atlántico]] e o [[océano Pacífico|Pacífico]], diminuíndo en gran medida a duración dos percorridos realizados polos navíos pola ruta alternativa que arrodea o [[cabo de Fornos]].
 
== Lista de canles ==
Liña 27 ⟶ 42:
=== En Galiza ===
* Canal da [[lagoa de Antela]]
 
== Notas ==
{{Listaref}}
 
== Véxase tamén ==