Hole: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Celebrity Skin: atrasandose
m →‎Historia: arranxiños
Liña 24:
Nun principio, Courtney tivo a idea de chamar á súa banda ''Sweet Baby Crystal Powered By God'', pero desistíu xa que o nome Hole víu á súa cabeza.
 
O acabado de nacer Hole fixo o seu primeiro concerto en [[Hollywood]], e posteriormente comezou a tocar en bares e clubesclubs nos Ánxeles. O primeiro sinxelo independente foi ''Retard Girl'', lanzado en marzo de [[1990]] e non pasou moito para que a banda asinase un contrato co selo independente Caroline Records.
 
Despois do lanzamento do seu primeiro sinxelo, Hole fixo unha pequena xira polos [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]], tocando en bares e pequenos clubesclubs, antes de volver ao estudio para gravar o seu primeiro álbum. ''Pretty on the Inside'' foi lanzado en setembro de [[1991]], co seu son punk pouco convencional e moi barullento.
 
=== ''Pretty on the Inside'' ===
Liña 65:
A finais de 1999, Courtney Love participou na película ''Man On The Moon'' ao lado de [[Jim Carrey]] e a banda anunciou que xa estaba comezando a compoñer material para o novo álbum, sen a presenza da baixista Melissa Auf der Maur, que deixou a banda para ingresar en The Smashing Pumpkins.
 
Pero o futuro de Hole tornouse incerto un ano despois cando, descontenta co trato recibido pola Geffen despois da súa fusión coa Universal, Courtney Love decidiu abandonar a discográfica. O resultado foi unha batalla xurídica que dura ata hoxe, debido a que Hole tiña un contrato coa Geffen para lanzar cinco álbums. O argumento de Courtney era que unha lei do [[California|Estado de California]] garante a calquera traballador o dereito de romper un contrato despois dun prazo de sete anos (Hole asinara coa Geffen en [[1992]]).
 
Mentres non se ditase sentenza, Courtney Love e [[Eric Erlandson]] estaban impedidos de lanzar calquera material novo baixo o nome de Hole. A partir de aí, Courtney partiu cara unha cruzada polos dereitos dos artistas, organizando conferencias e defendendo a idea en discursos e entrevistas. Hole tamén puxo varios MP3s de material raro gratuitamente na súa páxina web.