Hole: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Celebrity Skin: atrasandose
Liña 59:
 
=== ''Celebrity Skin'' ===
En [[1997]] a banda reúnese con [[Billy Corgan]] para compoñer material para o seu terceiro álbum, ''[[Celebrity Skin]]''. Mentres o novo álbum non era lanzado, a Caroline Records lanza un novo recompilatorio de caras-b e rarezas, ''My Body The Hand Grenade''. En [[1998]], Courtney participou nunha nova película, ''200 Cigarettes'' e o lanzamento de ''Celebrity Skin'' acabou retrasándoseatrasándose varias veces, sendo editado en setembro. O son do álbum é máis voltado ao pop, un pouco máis traballado en oposición ás melodías furiosas e crúas de ''Live Through This''. O lanzamento do álbum estivo cheo de controversias ao estar o nome da batería [[Patty Schemel]] nos créditos do álbum, pero ausente nas fotos promocionais, nas entrevistas e nos videos de "Celebrity Skin" e "Malibu". Algúns meses máis tarde foi confirmado que [[Patty Schemel]] oficialmente estaba fóra da banda, aínda que as razóns nunca foron especificadas.
 
Hole fixo unha xira por [[Australia]] e [[Nova Zelandia]] en [[1999]], contando cunha nova batería, [[Samantha Maloney]], e participou do festival Big Day Out. En febreiro a banda inicia unha nova xira por Estados Unidos ao lado de Marylin Manson, pero acaba saíndose da xira meses despois, alegando "diferenzas de produción".