Diferenzas entre revisións de «Esquerda Unida»

En [[1997]] unha parte da organización encabezada polo Coordinador Xeral, [[Anxo Guerreiro]] (apoiado dende [[Madrid]] polo [[PDNI]]), contra a decisión adoptada na conferencia nacional, decide coligarse co [[PSdeG-PSOE]] nas eleccións autonómicas. Un grupo da organización encabezados polo concelleiro lugués [[Carlos Dafonte]] e o Secretario Xeral do [[PCG]] [[Manuel Peña-Rey]] celebran unha asemblea na que deciden manter a relación con IU federal e concorrer ás eleccións autonómicas como Izquierda Unida (a xunta electoral impediu o uso do nome Esquerda Unida), elixindo a Manuel Peña-Rey coma Coordinador Xeral.
 
Posteriormente, o grupo que decidiu participar co PSdeG-PSOE, transformaríase en [[Esquerda de Galicia]] e os tribunais concederíanlle á federación galega de IU o uso do nome Esquerda Unida.
 
Hoxe en día, [[Esquerda de Galicia]] xa non existe e estase a producir a reintegración de moitos membros de dita organización en EU-IU.
253

edicións