Francisco de Goya: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Desfixéronse as edicións de 89.130.235.6 (conversa); cambiado á última versión feita por Banjo
Elisardojm (conversa | contribucións)
*maja>bela
Liña 107:
[[Ficheiro:El Quitasol.jpg|220px|miniatura|esquerda|''[[O parasol]]'', 1777.]]
 
O primeiro grupo comeza co' ''[[A merenda nas beiras do Manzanares]]'' entregado en outubro de 1776 e inspirado no sainete homónimo de [[Ramón de la Cruz]]. Ségueno ''[[Paseo por Andalucía]]'' (tamén coñecido coma ''A majabela e máis os embozados''), ''[[Baile nas beiras do Manzanares]]'' e, se cadra a súa obra máis lograda desta serie, ''[[O parasol]]'', un cadro que logra un magnífico equilibrio entre a composición de raizame neoclásica en pirámide e os efectos cromáticos propios da pintura galante.
 
Á antecámara e o dormitorio principesco pertencen ''[[A becerrada]]'', onde gran parte da crítica quixo ver un autorretrato de Goya no toureiro novo que olla o espectador, ''[[A feira de Madrid]]'' (ilustración dunha pasaxe d' ''O rastro pola mañá'', outro sainete de Ramón de la Cruz), ''[[Xogo de pelota a pa]]'' e máis ''[[O cacharreiro]]'', onde se amosa o seu dominio da linguaxe do cartón para tapiz: composición variada pero non inconexa, varias liñas de forza e distintos centros de interese, reunión de personaxes de distintos estratos sociais, cualidades táctiles nun bodegón de louza valenciana do primeiro termo, dinamismo da carroza, esvaecido do retrato da dama do interior da carruaxe, e, en fin, unha plena explotación de tódolos recursos que este xénero de pinturas podía ofrecer.