Correo electrónico: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
Liña 141:
O esquema [[URI]], rexistrado no [[Internet Assigned Numbers Authority|IANA]], define o esquema de <tt>mailto:</tt> para direccións de correo de SMTP. Aínda que o seu uso non está estritamente definido, as URLs desta forma están pensadas para ser utilizadas para abrir unha nova xanela de mensaxe do cliente de correo do usuario cando a URL se activa, coa dirección definida polo URL no campo "A:"
<ref>RFC 2368 section 3 : Paul Hoffman en 1998 fala do funcionamento do URL de "mailto".</ref>
== Uso ==
=== Na sociedade ===
A xente cambiou de numerosas maneiras a forma de comunicarse durante os 50 últimos anos; o correo electrónico é naturalmente un deles. Tradicionalmente, a interacción social na comunidade local estaba baseada na comunicación cara a cara. Con todo, hoxe as reunións cara a cara non son xa o modo principal de comunicarse, xa que se pode utilizar un teléfono ou cun computador podese enviar un correo electrónico.
 
Os traballos de investigación mostraron que a xente utiliza activamente o correo electrónico para manter as redes sociais, especialmente cando se vive a certa distancia. Con todo, contraditoriamente, os resultados suxiren que os aumentos en uso da internet están asociados con diminucións noutros modos de comunicación, destacando [[Internet]] e o uso do correo electrónico como factores que interveñen nesta relación.<ref>Stern, Michael J.Information, Communication & Society; Oct2008, Volume 11 Exemplar 5, p591-616, 26 páx. Universidade Estatal de Oklahoma de CLB, Stillwater, EUA. </ref>
 
== Direccións de correo electrónico ==