Ciencias ocultas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Unhanova (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Lameiro (conversa | contribucións)
corrixo *descriptiva
Liña 5:
Tamén pode entenderse por ciencias ocultas algún certo tipo de [[literatura]] caracterizada polo gusto polo misterio, a transcendencia espiritual ou as explicacións alternativas. Existen [[editoriais]] e librarías especializadas neste tipo de literatura que versa sobre temas moi variados cuxo denominador común son, ás veces, temáticas que se fan famosas e, outras, a demanda do público. Estes son asuntos que sucitaron a curiosidade do público dende fai moito tempo.
 
Baixo esta perspectiva, o termo «ciencias ocultas» sería en realidade unha etiqueta pouco descriptivadescritiva, imposta polas regras do comercio editorial antes que por unha clasificación adecuada sobre o seu contido.
 
Ao longo da historia, a [[Igrexa Católica|Igrexa católica]] combatiu estas prácticas sinalándoas como produtos do [[demo]], surxidas co propósito de apartar aos homes da [[Fe (relixión)|fe]], se ben agora os [[escéptico]]s as atacan de forma máis ou menos crítica. En todo caso tratan de responder á incerteza e curiosidade que o ser humano sente polo descoñecido ou polo seu desexo de transcendencia espiritual. Neste sentido, é importante recalcar que parte destas crenzas aluden ao paganismo, razón pola cal a igrexa foi unha das súas principais detractoras.