Mamíferos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 199:
A '''evolución dos mamíferos''' pasou por moitos puntos dende a aparición dos seus devanceiros [[sinápsidos]] no período de finais do [[Carbonífero]]. A metade do [[Triásico]] aparecen moitas especiesde sinápsidos que semellan mamíferos. A liña que dá lugar aos mamíferos de hoxe en día escíndese no [[Xurásico]]; unha liña que inclúe a ''[[Dryolestes]]'', que é máis próximo as actuais [[placentario]]s e [[marsupiais]] ca aos [[monotrema]]s, así como a ''[[Ambondro mahabo|Ambondro]]'', máis achegado aos [[monotrema]]s<ref>[http://digitallibrary.amnh.org/dspace/bitstream/handle/2246/5857/v3/dspace/updateIngest/pdfs/N3566.pdf?sequence=1] Rougier ''et al.''. New Jurassic mammals from Patagonia, Argentina: A reappraisal of australosphenidan morphology and interrelationships. American Museum Novitates, 3566, páx 1–54. 2007.</ref>. A continuación as liñas de [[eutheria]] e [[metatheria]] sepáranse. Destas, os metaterios serán os animais máis achegados aos actuais marsupiais mentres que os eutheria son os máis achegados aos placentarios. Xa que ''[[Juramaia]]'', o eutherio máis recente coñecido, viviu hai 160 millóns de anos no Xurásico, esta diverxencia debeu ter ocurrido nese período.
 
O evento de [[extición do Cretáceo-Paleoceno]] provocou a [[extinción]] de todos os dinosauros non aviarios (os paxaros son unha liña que xorde dos dinosauros e a única hoxe en día viva) e é nese momento cando grupos de mamíferos, placentarios e marsupiais diversificáronse ocupando novos nichos ecolóxicos durante o [[Paleoxeno]] e o [[Neoxeno]]. Ao final deste período están xa presentes todas as ordes de mamíferos modernos.
 
Os mamíferos son os únicos [[sinápsido]]s que actualmente persisten<ref>[http://www.ucmp.berkeley.edu/synapsids/synapsida.html] Ben Waggoner-. Introduction to the Synapsida. University of California Museum of Paleontology. 1997.</ref> A liña de sinápsidos diverxeu da liña dos [[saurópido]]s no final do [[Carbonífero]], hai entre 320 e 31 millóns de anos atrás<ref name=Amniota />. Os sauropidos son hoxe os réptiles e aves xunto con outros animais extintos máis achegado aos mamíferos<ref name=Amniota>[http://web.archive.org/web/20101220205005/http://palaeos.com/Vertebrates/Units/190Reptilomorpha/190.400.html#Amniota] Amniota - Palaeos. White, A. T. 2005 {{En}}</ref>. Isto non inclúe aos mamíferos semellantes a réptiles, un grupo máis achegado aos mamíferos.