Explosión cámbrica: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
ligazón máis específica
Liña 12:
A Explosión Cámbrica desperta a curiosidade dos científicos, que cuestionan como a vida tería xerado subitamente, despois de millóns de anos de estabilidade e pouca diversidade, organismos tan diversos nun espazo tan curto de tempo, e por que isto xamais volveu a ocorrer. Algúns argumentan que, despois de millóns de anos xerando [[oxíxeno]] a través da [[fotosíntese]], as algas permitiron o xurdimento de [[organismo aerobio|organismos aerobios]] complexos, que demandaban de máis oxíxeno para as súas actividades que as [[medusa]]s e esponxas. Outros suxiren que cargas excepcionais de radiación emitidas por fontes externas provocarían [[mutación]]s xenéticas en altos índices, ocasionando as mudanzas morfolóxicas aleatorias observadas nos fósiles.
 
Boa parte desa diversidade (estímase no 85% de toda a vida no planeta) extinguiuse aínda no Cámbrico, hai preto de 490 millóns de anos, e algúns planos de organización nos animais xamais foron vistos novamente. A súa [[extinción]] en masa]] é máis facilmente explicada a través dunha mudanza brusca no clima do planeta (unha [[glaciación]] ou un [[efecto invernadoiro]], talvez o impacto dun [[asteroide]]), que tería abalado os ecosistemas adaptados ás condicións anteriores, e seleccionado organismos máis adaptables a esas mudanzas.
 
==Véxase tamén==