Cualedro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Ligazóns externas: Arranxos varios
m pequenos arranxos
Liña 146:
Na década dos sesenta, debido á forte migración, a cabeceira comarcal actuou como centro de absorción das funcións sociais e, polo tanto, atraeu o asentamento da poboación que foron perdendo os municipios veciños. Isto supuxo para [[Verín]] un incremento de poboación dun 15 % nos últimos 10 anos. O seu peso demográfico no conxunto da comarca pasou dun 42 % en 1991 a un 47 % en [[1999]]. Este crecemento de Verín ten o seu límite na inversión da [[pirámide demográfica]] dos concellos emisores. A [[emigración]] ten un carácter decisivo na dinámica demográfica e na estrutura poboacional do municipio. A saída de grandes continxentes de poboación no pasado apunta o problema da inversión da pirámide poboacional. Analizando os datos do [[2001]] obsérvase un saldo [[migración|migratorio]] equilibrado con respecto ao conxunto do Estado, fronte aos saldos migratorios negativos que presentan tanto a [[provincia de Ourense]] como Galicia mesma.
 
A composición por idades é moi semellante nos datos de emigración como de inmigración. Cómpre salientar a importancia do retorno dos emigrados de máis de trinta anos. Isto é debido a que Cualedro non se caracteriza por unaunha emigración de primeira etapa, senón principalmente de segunda, é dicir, que o seu destino son os países [[Europa central|centroeuropeos]], aínda que a alternativa maioritaria foi o [[España|Estado Español]].
 
==== Distribución territorial ====
A distribución territorial da poboación de Cualedro mantívose máis ou menos estable nos últimos 30 añosanos. A excepción é o censo de [[1981]], que mostra alteracións atribuíbles ao cambio progresivo nos criterios de altas e baixas. Esta situación só terminou de regularizarse en [[1991]]. Porén, detéctanse dous procesos diferenciais, postos en evidencia na comparación dos padróns dos anos 1991 e [[2001]]: a crise demográfica é máis intensa no norte, na [[Parroquia eclesiástica galega|parroquia]] de Baldriz, e no centro, nas parroquias de Vilela e Carzoá. Isto percíbese máis claramente cando agrupamos os territorios parroquiais atendendo ás unidades xeográficas: hai tres unidades (Montes-Rebordondo e Atás-Penaverde ao norte, e Lucenza-A Xironda-San Millao ao sur) que aguantan máis dentro dun contexto de declive demográfico. Se no caso das dúas primeiras ten un papel fundamental a súa maior accesibilidade (N-525 e agora a A-52), no caso das parroquias do sur hai que atribuír esta resistencia a un soporte territorial máis rico, que dá lugar a un maior desenvolvemento da produtividade [[agropecuaria]] e a un sistema de asentamentos máis viable polo seu tamaño e a súa concentración.
 
=== Estrutura poboacional actual ===