Rock industrial: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Éxito comercial: Arranxos varios + cda
m →‎Orixes: Nova York
Liña 24:
Algúns artistas [[post-punk]] desenvolveron estilos paralelos á música industrial definindo determinadas características desta. O debut de [[Pere Ubu]], ''[[The Modern Dance]]'', foi descrito coma "industrial". Tamén a banda de [[San Francisco]] [[Chrome (grupo musical)|Chrome]], que mesturaba a [[Jimi Hendrix]], [[The Sex Pistols]] e a experimentos de ''[[tape music]]''; e a banda [[Killing Joke]], considerada polo crítico musical Simon Reynolds coma "unha versión [[post-punk]] do [[heavy metal]]". Segundo o músico Chris Connelly, [[Foetus]] "é o instigador á hora de falar do matrimonio entre a maquinaria e o [[hardcore punk]]".
 
Outras bandas seguiron esta corrente. O grupo de [[NewNova York]] [[Swans]] inspirouse na escena local do [[no wave]], no [[punk rock]], na [[música noise]] (especialmente en [[Whitehouse]]), así coma nos primeiros músicos de industria. [[Steve Albini]] de [[Big Black]] seguiu un patrón semellante, incorporando tamén [[hardcore punk]] estadounidense. [[Big Black]] tamén estivo fortemente relacionado co [[post-hardcore]] e o [[noise rock]]. O trio suízo [[The Young Gods]], que evitou as guitarras en favor dos samplers, tamén se inspiraron no hardcore e no industrial, collendo influencias sobre todo de [[Bad Brains]] e [[Foetus]]. O feito de que a maioría dos afeccionados ao rock nunca escoitara falar destes grupos di moito da penetración no mercado do xénero.
 
== Éxito comercial ==