Arame: Diferenzas entre revisións
Creada como tradución da páxina "Alambre" |
(Sen diferenzas.)
|
Revisión como estaba o 2 de xuño de 2017 ás 12:49
Chámase arame a todo tipo de fío delgado que se obtén por estiramento dos diferentes metais de acordo coa propiedade de ductilidade que posúen os mesmos. Os principais metais para a produción de arame son: ferro, cobre, latón, prata, aluminio, entre outros. Porén, antigamente chamábase arame ó cobre e as súas aliaxes de bronce e latón.
Características e tratamentos
Hai moitos tipos e calidades de arame de acordo coas aplicacións que teñan. Asemade, o diámetro do arame é moi variable e non hai un límite exacto cando un fío pasa a denominarse barra no canto de arame. A principal característica do arame é que permite enrolarse en rolos ou bobinas de diferentes lonxitudes que facilitan a súa manipulación e transporte.
O arame de cobre emprégase para fabricar cables eléctricos, así que o arame máis usado industrialmente é o que se fai de aceiro e de aceiro inoxidable.
O arame normal de aceiro adoita ter un tratamento superficial de galvanizado para protexelo da oxidación e corrosión e tamén hai arame endurecido con proceso de revenimento.