Océano Atlántico: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Xeografía: arranxiños​
m →‎Xeografía: arranxiños​
Liña 5:
== Xeografía ==
[[Ficheiro:Atlantico Oceano.(gl)(es).jpg|dereita|miniatura|300px|Situación do Atlántico Norte e o Atlántico Sur no globo terráqueo.]]
O océano Atlántico, o segundo do mundo en superficie e case enteiramente localizado no hemisferio occidental, alóngase no sentido Nortenorte-Sursur. cunha forma que lembra un S, comunícase co [[océano Ártico]] polo estreito da [[Islandia]]; co [[océano Pacífico]] e co [[océano Índico]] pola ampla pasaxe que se abre entre a [[América]], a [[África]] e a [[Antártida]], nas altas latitudes austrais. No hemisferio Norte, as costas continentais, moi recortadas, delimitan numerosos mares anexos ([[Canalcanal da Mancha]], [[mar do Norte]], [[mar Báltico]], [[mar Mediterráneo]], [[mar das Antillas]]). Ao sur, ao contrario, as costas son máis ben rectilíneas.
 
O fondo oceánico presenta unha disposición regular: a plataforma continental, ampla ao longo das costas da [[Europa]], da [[América do Norte]] e da porción meridional da [[América do Sur]], estreitase nas costas da [[África]] e do [[Brasil]]; unha enorme cadea de montañas submarinas, a [[dorsal mesoatlántica]], esténdese ao longo do océano; entre ela e os continentes ábrense unha serie de cuncas de 6.000 a 7.000 m de profundidade (cuncas americana, brasileira e arxentina, a oeste; cuncas escandinava, da Europa Occidental, da Guinea, de Angola e do Cabo, a leste). A crista dorsal é sucada en toda a súa extensión por unha gran fosa tectónica (''[[rift]]''), que secciona no sentido lonxitudinal. Área de constante inestabilidade xeolóxica, provocada pola continua emisión de material ígneo, é obxecto de estudos xeolóxicos que analizan os procesos de formación e evolución das placas tectonicas, ou sexa, da [[codia terrestre]]. A crista da dorsal mesoatlántica situase xeralmente entre -3.000 e -1.500 m, mais emerxe nalgúns puntos, formando illas: [[Jan Mayen]], [[Islandia]], [[Azores]], [[Illa de Ascensión|Ascensión]], [[illa de Tristán da Cuña|Tristán da Cuña]]. Nas latitudes ecuatoriais, a dorsal é cortada por fallas transversais que determinan fosas abisais (fosa da Romanche. -7.758 m). Nas outras porcións do Atlántico as fosas son raras: situanse nas [[Antillas]] ([[Caimáns]] e [[Porto Rico]] - a máis profunda con -9.218 m) e nas illas [[illas Sandwich do Sur]] (-8.264 m)
 
Na fachada occidental, grandes cuncas hidrográficas botan unha considerable cantidade de sedimentos sobre a plataforma continental, definindo conos aluvionais, como os dos ríos [[Río San Lourenzo|San Lourenzo]] e [[Río Mississippi|Mississippi]], no Atlántico Norte, e o do [[Río Amazonas|Amazonas]], na faixa ecuatorial. As augas do Atlántico son as máis salgadas de todos os océanos (37,5 por mil de salinidade media) e animadas por correntes que aseguran unha intensa circulación entre as augas frías das altas latitudes e as augas quentes ecuatoriais. As correntes frías do [[Mar do Labrador|Labrador]] e das Falkland descenden ao longo das costas setentrionais e meridionais, respectivamente, de [[América]]. De [[Benguela]] percorre a costa suroccidental africana, en dirección ao Ecuador. Son compensadas polas correntes quentes do [[Brasil]] e Ecuatorial Atlántica, nos seus ramos N e S, pola corrente do Golfo, que ten grande influencia sobre os climas da [[Europa]] noroccidental, tornándoos menos rigorosos. Esa circulación das augas favorece súa oxixenación e a proliferación de plancto, definindo importantes zonas pesqueiras, como as costas do [[Brasil]] meridional, a fachada norteamericana en torno da Terra Nova, as costas da [[Escandinavia]] e de [[Islandia]], alén da [[África]] meridional. As plataformas continentais encerran, ás veces, xacementos petrolíferos ([[Marmar do Norte]], costas de [[Venezuela]] e do [[Brasil]], [[Golfogolfo de Guinea]]). Ladeado no hemisferio Norte polas dúas áreas máis industrializadas do globo (NE dos [[Estados Unidos de América|EUA]] e [[Europa]] Occidental), o Atlántico Norte presenta o máis intenso tráfego marítimo e aéreo transoceánico do mundo.
 
== Historia ==