Louis-Ferdinand Céline: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Isili0n (conversa | contribucións)
*Noviazgo > noivado.
m →‎Obra: Nova York
Liña 18:
 
== Obra ==
A súa creación máis famosa é ''[[Voyage au bout de la nuit]]'', unha narración de trazos [[autobiografía|autobiográficos]] publicada en [[1932]]. O seu protagonista, Ferdinand Bardamu, alistado nun momento de estupidez no exército francés, e asqueado nas trincheiras da Primeira Guerra Mundial, decide desertar facéndose pasar por tolo, describindo toda sorte de personaxes pintorescos e o absurdo e a brutalidade da guerra. Tralo conflito e tras un noivado cunha estadounidense, Lola, vai parar nun barco no que o resto dos pasaxeiros o queren linchar, rumbo a unha [[Colonialismo|colonia]] francesa en [[África]]; a descrición do sistema colonial francés é hilarante e sumamente crítica, vindo a dicir que o [[colonialismo francés]] ampara a [[Pedofilia|pederastia]] e que todo se funda na explotación dos negros (recordando a ''[[Heart of Darkness]]'', de [[Joseph Conrad]]). Unhas febres acaban con esa aventura e chega nun estado próximo á [[escravitude]] aos Estados Unidos. Escapa en [[NewNova York]], onde vive por un tempo e reencóntrase con Lola, á que extorsiona. Volve viaxar a [[Detroit]], onde fai amizade cunha prostituta norteamericana, pero volve a París e exerce a medicina a pesar do noxo que lle dá a súa clientela.
 
A aparición de ''Voyage au bout de la nuit'' foi unha innovación literaria sen igual. A linguaxe oral, groseira e moi [[xerga]]l escandalizou aos contemporáneos e foi moito máis lonxe ca escritores que intentaran antes ca el escribir usando este rexistro, como [[Émile Zola]]. A súa prosa, como a forma de abordar os temas, e os temas en si mesmos, é extremadamente violenta, amarga e quebradiza. O seu ritmo é salvaxe e acelerado, e nel repousa gran parte do mérito literario do autor. A linguaxe é viva, libre de todo tipo de formalidades, para escribir do modo máis expresivo posible.