Selección de fútbol de Iugoslavia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Substitución automática de "Flag_of_SR_Serbia.svg" por "Flag_of_the_Socialist_Republic_of_Serbia.svg" segundo o ordenou [[commons:User:CommonsDelinke...
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 44:
O primeiro equipo nacional iugoslavo foi durante o [[Reino de Iugoslavia|reino]] que existiu entre as [[Guerra Mundial|dúas guerras mundiais]]. A [[Asociación de Fútbol de Iugoslavia|Federación de Fútbol]] do que entón era o [[Reino dos Serbios, Croatas e Eslovenos]] foi fundada en [[Zagreb]] en [[1919]] baixo o nome de ''Jugoslovenski nogometni savez'', sendo admitida na [[FIFA]] en [[1923]]. Así, o equipo nacional xogou o seu primeiro partido internacional nos [[Xogos Olímpicos de 1920|Xogos Olímpicos de Antuerpen en 1920]], sendo o seu opoñente {{sel|Checoslovaquia}}, o once inicial que presentou a selección do Reino foi: Vrđuka, Župančić, Šifer, Tavčar, Cindrić, Rupec, Vragović, Dubravčić, Perška, Granec e Ružić. Con todo, Iugoslavia perdeu por unha ampla marxe (0-7).
 
En [[1929]] o país pasou a chamarse oficialmente [[Iugoslavia]], e a federación trasladou a súa sede central a [[Belgrado]]. Ao ano seguinte, o combinado nacional participou no [[Mundial de Fútbol Uruguai 1930|primeiro mundial de fútbol]], no que acabou na cuarta praza. No seu primeiro partido de mundial, en [[Montevideo]], Iugoslavia venceu por 2-1 contra a poderosa [[selección de fútbol dedo Brasil|selección dedo Brasil]], saíndo ao terreo de xogo coa seguinte aliñación: Jakšić, Sekulić, Tirnanić, Ivković, Bek, Đokić, Marjanović, Arsenijević, Vujadinović, Mihajlović e Stefanović. Con todo, o equipo só consitía en xogadores [[Serbia|serbios]], xa que a selección foi boicoteada polos [[Croacia|croatas]] polo traslado da Federación de [[Zagreb]] a [[Belgrado]].
 
A federación e o fútbol en xeral foi interrompido pola [[Segunda Guerra Mundial]]. Despois da guerra foi formada a [[Federalismo|federación]] [[Socialismo|socialista]], e a [[Asociación de Fútbol de Iugoslavia|federación de fútbol]] restituída. Así, en [[1954]], foi un dos membros fundadores da [[UEFA]] e anos despois organizaou a [[Eurocopa 1976|Eurocopa de fútbol de 1976]], que se xogou integramente entre [[Belgrado]] e [[Zagreb]]. A selección participou en oito [[Copa do Mundo de Fútbol|copas do mundo]], catro [[Eurocopa]]s e gañou a [[medalla de ouro]] nos [[Xogos Olímpicos de 1960]] (ademais de tres de prata e unha de bronce). O xogador que máis partidos diputou coa selección foi [[Dragan Džajić]], que xogou 85 encontros entre [[1964]] e [[1979]] e o máximo goleador foi [[Stjepan Bobek]], que anotou 38 goles entre [[1946]] e [[1956]].