Xosé Manuel Pereiro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
Elisardojm (conversa | contribucións)
Liña 22:
Comezou a súa traxectoria profesional en 1981 escribindo nos xornais galegos [[Faro de Vigo]] e [[La Voz de Galicia]]. Tamén foi desde [[1985]] correspondente do diario [[El País]]. Compaxinou a prensa coa radio ([[Radio Nacional de España|Radio Nacional]] e Ondas Galicia-SER), e coa televisión. Foi guionista e director de programas de televisión na [[Televisión de Galicia|TVG]] (''[[O veciño do xoves]],'' o primeiro programa de [[Xosé Ramón Gayoso]], 1987) e [[Televisión Española|TVE]] (Canal 13 (1988), [[Composteláns]] (1989) e ¡Que Serán? (1999). Foi redactor de informativos de TVE entre [[1988]] e [[2008]]. Xosé Manuel Pereiro foi Decano do [[Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia]]  dende o ano 2008 ata 2016, e hoxe en día é o seu Vicedecano. Na actualidade escribe en ''[[La Opinión (A Coruña)|La Opinión de A Coruña]]'' e [[CTXT.es|CTXT]] e colabora ocasionalmente en medios como ''Público,'' ''Tinta Libre''. Dirixe con Manuel Rivas a [[revista Luzes]], que ambos fundaron en 2013. Escrita en galego, con mais de cen páxinas e unha tirada mensual, destaca no eido cultural polas súas reportaxes en profundidade e entrevistas sen presas. 
 
Entre as súas obras escritas podemos destacar o seu primeiro libro, ''Si home si'' (2001), onde recolle unha serie de artigos xornalísticos publicados en La Opinión de A Coruña. Textos narrativos vibrantes, directos, intelixentes, e sobre todo divertidos. Unhas auténticas radiografías do noso tempo que desvelan o que subxace ás noticias do día a día e analizan a súa repercusión na nosa sociedade, dende os cambios dos nosos costumes e forma de vida ata a complexidade da situación política nacional e internacional. É un exercicio dun xornalismo rabudo, que desmonta as falacias de calquera poder ou do comunmente establecido e provoca a reflexión... e o sorriso. En 2011, xunto con uns vinte autores galegos, publican ''A Praza é Nosa. Quen constrúe a Democracia?'' Obra para a reflexión sobre as orixes, composición, causas e consecuencias do movemento [[15-M|15M,]] co obxectivo de contribuír a enriquecer o debate sobre tan importante movemento cidadán e procurar respostas que podanpoidan axudar a construír unha democracia comprometida co ben común, a solidariedade, a liberdade e a xustiza. Tempo despois, publica a obra ''Prestige. Tal como foi, tal como fomos''<ref>[http://www.20editora.com/index.php/prestige-tal-como-foi-tal-como-fomos.html Prestige. Tal como foi, tal como fomos]</ref> (2014)'','' onde narra, con humor, a catástrofe empezando polo momento no que se recibiu o aviso de emerxencia no Centro de Salvamento Marítimo de Fisterra ata os acontecementos posteriores. Segundo o autor, o [[Prestige]] foi unha “traxedia” que deu a oportunidade para demostrar a dignidade da sociedade galega.
 
==Obras==